Limpeza simultánea de praias. Día Mundial dos Océanos. D ende as 9 da mañá as limpezas fóronse desenvolvendo por todo o litoral galego. Houbo centros de ensino, escolas de surf, ONG ecoloxistas, asociacións culturais, asociacións de mulleres rurais e até mergulladores. Todas e todos tiñan a mesmo fin: limpar a praia e crear conciencia. Foron milleiros de kilos os que se retiraron das praias a maioría de orixe plástico. Cordas de todo tipo, aparellos de pesca, caixas, botellas, tapóns, e outros tantos restos que rematan cada día no mar. Alén da limpeza nalgúns lugares a xornada tamén serviu para dar a coñecer a importancia e biodiversidade dos areais e dos ecosistemas dunares; fixéronse tarefas de identificación dun pequeno golfiño riscado ( Stenella coeruleoalba), aparecido na praia de Queiruga, e localizáronse niños de pillara das dunas ( Charadrius alexandrinus) que se sinalaron para evitar o seu pisoteo, observándose tamén os adultos desta pequena, bulideira e ameazada ave. A todos/as, moitas grazas polo voso compromiso co ambiente! Podes ver as fotos enviadas polos participantes e o mapa das limpezas
O plástico nos océanos afecta á flora e fauna mariña, nomeadamente para algunhas especies ameazadas como cetáceos, tartarugas ou aves mariñas, xa que inxiren plásticos confundíndoos con alimento. Tamén poden acabar enredados en bolsas, sacos ou redes que lles provocan graves lesións, dificultades para moverse e, finalmente, poden causar a súa morte. Outro dos problemas é que o plástico acaba desfacéndose en pequenos anacos que son inxeridos por peixes que poden rematar nos nosos pratos. Isto fai que os compoñentes tóxicos e perigosos dos plásticos pasen aos seres humanos, afectando directamente á nosa saúde.
Moito do plástico que se atopa nas praias e nos océanos do mundo chega alí despois de ser usado por calquera de nós. É por iso que debemos reducir o noso consumo de plástico para evitar que de un xeito ou outro remate nos océanos. Moitos dos envases que utilizamos cada día son innecesarios e prescindibles. É posible mercar os nosos produtos a granel, escoller os recipientes de vidro e retornables, rexeitar as bandexas de poliestileno, etc. pequenos xestos que axudan a que o noso planeta non sufra tanto.
ADEGA quere subliñar que as limpezas de praias no día dos océanos non debe ser un feito aillado, e convida a calquera persoa a recoller o lixo do noso litoral sempre que poida. A limpeza de praias debe facerse de xeito manual, respectando os ecosistemas dunares, e tendo especial coidado coa fauna e flora que nelas habita. Deste xeito poderemos reflexionar sobre a orixe dos nosos residuos e evitar que rematen nos estómagos de animais.
ADEGA editou para esta actividade un protocolo de actuación para unha limpeza de praias “ecolóxica” descargable en pdf ou que se pode recoller en papel no local nacional.
Concello
|
Praia
|
Colectivo
|
Nº de voluntarios
|
Kg retirados
|
A Coruña
|
Praia Canide
|
OMA-UDC
|
12
|
250
|
Arteixo
|
Praia de Alba
|
Asoc. Cult. Monte da Estrela e ADEGA Coruña
|
14
|
100
|
Barreiros
|
Praia Area Longa
|
ADEGA Mariña
Colabora: Colectivo Cultural Ollomao
|
9
|
400
|
Burela
|
O Perdouro
|
Colectivo Cultural Buril
|
3
|
200
|
Burela
|
O Perdouro
|
IES Perdouro
|
50
|
-
|
Camelle
|
Praia de Camelle
|
CEIP de camelle
|
30
|
300
|
Carnota
|
Praia de Corna Becerra
|
Raínha Lupa
Plataforma pola defensa do Patrimonio de Quilmas
ADEGA Costa da Morte
|
7
|
200
|
Ferrol
|
Caranza
|
ADEGA Ferrolterra
|
25
|
100
|
Fisterra
|
Langosteira
|
IES Fin do Camiño
|
43
|
150
|
Foz
|
Praia os Alemáns
|
Mariña Patrimonio, Pomba do Arco, Karrikanta e Sensación Surf Escola.
|
12
|
200
|
Muxía
|
Praia dos Muíños
|
CEIP Os Muíños
|
Adiada
(50)
|
|
Muxía
|
Praia O Lago
|
Programa de voluntariado do concello de Muxía
|
10
|
|
Nigrán
|
Praia América
|
CEMMA
|
38
|
200
|
Nigrán
|
Praia de Patos
|
Prado Surf Escola
|
32
|
60
|
Ortigueira
|
Praia S. Antón de Espasante
|
Asoc. cultural Bangalúas
|
25
|
|
Poio
|
Praia de Lourido
|
ADEGA Pontevedra
|
20
|
80
|
Porto do Son
|
Praia de Queiruga
|
ADEGA Nacional
|
10
|
200
|
Porto do son
|
Praia dos Castros
|
-
|
6
|
|
Ribadeo
|
Areal de Rinlo
|
Asociación Rinlo Bai
|
5
|
200
|
San Xenxo
|
Area de Agra
|
C.E.I.P. Magaláns-Dorrón
|
60
|
100
|
Valdoviño
|
Praia de Pantín
|
Pantin Surf Camp
|
12
|
|
Vigo
|
Marina Dávila
|
Buceo Balea
|
8
|
60
|
Vilanova de Arousa
|
O Terrón
|
IES A Basella
|
150
|
390
|
Viveiro
|
Praia de covas
|
Espazo Agroecolóxico A Estruga
Asoc. Mulleres Rurais “Fraga das Saímas”
I.E.S Mª Sarmiento
I.E.S Vilar Ponte
|
100
|
150
|
Laxe
|
Praia de Traba
|
IES Maximino Romero de Lema
|
24
|
150
|
|
|
TOTAL
|
705
|
3490
|
|