Adela Figueroa Panisse, nova presidenta de ADEGA |
Eleita na Asemblea Extraordinaria de novembro de 2005
Nada en Lugo, é Licenciada en Bioloxía e Máster en Educación Ambiental. Catedrática de Bioloxía e Xeoloxía, a maioría da sua vida profisonal desenvolveuse en Pontevedra onde foi profesora de Instituto (IES A Xunqueira; IES Valle Inclán; IES Sánchez Cantón). Desenvolveu traballos na Misión Biolóxica de Galiza e no Centro Forestal de Lourizán. Traballou tamén na Universidade do Minho, no departamento do Instituto da Educação, e no de Química Pura e Aplicada. Actualmente é profesora no IES Lucus Augusti da capital do Miño. Sempre manifestou interese polos problemas do seu país participando, xa de estudante, na Asociación Cultural "O Galo" en Santiago, nos Movementos de Renovación Pedagóxica e nas Xornadas do Ensino, entre outros. Fixo parte da directiva da ASPG dende a sua fundación, sendo máis adiante secretaria. Directora da Revista do Ensino, da que foi cofundadora. Tamén foi cofundadora de ADEGA. Ten publicados traballos diversos acerca da súa profesión (Profesora de Bioloxía-Xeoloxía), libros de texto e materiais de Educación Ambiental. Cultivou tamén o ensaio en prensa, e a poesía (Vento de Amor ao Mar, Ed. do Castro, 2003). |