A Fundación Eira da Xoana de ADEGA, Mariña Patrimonio e Irmandade Santo Estevo vimos de lanzar unha campaña de recadación co obxectivo de adquirir, recuperar, estudar e protexer unha parcela situada ao carón da Fraga de Santo Estevo do Ermo, en Barreiros, que actualmente se atopa a eucalipto. Para iso precisamos 6.000 euros. Axúdasnos?
Fai unha doazón! A conta á que facer a túa achega para que poidamos coidar desta parcela é a da Fundación Eira da Xoana:ES11 2080 5034 6130 4000 7939
Como deducir a túa doazón? Lembra que estas doazóns teñen dereito a dedución na cota do IRPF (para cantidades que non superen os 250 euros, a dedución é do 80% para persoas físicas e do 40% para empresas).
Para beneficiarse dela…
- Indica o teu nome e pon no concepto “DOAZÓN” ao facer a doazón.
- Envía o xustificante e os datos fiscais (nome e apelido, DNI e localidade do domicilio) afundacion@eiradaxoana.gal.
