A asociación ecoloxista ADEGA impartirá unha charla sobre residuos na AVV de Monte Alto da Coruña este mércores, 20 de novembro, ás 19:00 horas.

Que facemos cos residuos? A onde vai parar o lixo das nosas casas? Por que hai 4 contedores de lixo? Para que vai servir o 5º contedor? Tes dúbidas sobre o sistema de xestión do lixo? A Coruña e As Mariñas teñen un sistema de xestión do lixo (Modelo Nostián) diferente e máis eficiente que o resto de Galiza, e nesta charla, membros da asociación ecoloxista ADEGA falarán sobre esta particularidade e as súas vantaxes.

Esta actividade está enmarcada dentro da Marcha Mundial pola Paz e a NON Volencia.

Cando

Mércores, 20 de novembro de 2024

Hora

19:00 h

Pásao

WhatsApp
Telegram
Correo
Bluesky
Facebook