Charcas con Vida
Que é Charcas con Vida?

Charcas con vida é unha iniciativa que nace coa intención de difundir os valores das charcas e de contribuír ao seu estudo e conservación. Pretende aportar solucións ao problema de desaparición de charcas e da biodiversidade que acollen.
É un proxecto dirixido a toda a cidadanía no que poden participar asociacións, centros de ensino, amigos, familias, etc. Conta con tres liñas de actuación:
– Divulgación da importancia e dos valores das charcas
– Creación dunha rede cidadá para o estudo e inventariado de charcas
– Actuacións de construcción e recuperación de charcas mediante acordos de custodia do territorio e voluntariado ambiental
Se queres mais información ou contactar co programa escribe un correo a: ramses@adega.gal
