“Xustiza para o Ulla” é a campaña de recadación solidaria impulsada por ADEGA para a defensa xurídica do Ulla fronte ás dúas ameazas ambientais máis graves ás que se enfronta: a macrocelulosa de Altri e a mina de Touro-O Pino. A través desta iniciativa, procuramos reunir os fondos necesarios para enfrontar as accións xurídicas precisas co obxectivo de frear ambos proxectos, extremadamente contaminantes e depredadores do territorio.
Temos xa un primeiro reto importante no que precisamos a túa axuda: recadar antes do 28 de xuño un total de 39.100 euros, cos que presentaremos recursos xurídicos para acadar dous fins: que se anule a Autorización Ambiental Integrada de Altri e que se arquive o expediente da concesión de augas de Altri.
A loita contra Altri e contra a mina de Touro-O Pino gañarémola nos tribunais. Contigo. Fai XA a túa doazón, fai xustiza!
Como podes axudarnos a difundir “Xustiza para o Ulla”?
Precisamos que esta campaña chegue lonxe para que máis xente poida contribuír a ela.
- Enchamos as redes sociais do cancelo #XustizaparaoUlla. Comparte a imaxe da campaña e acompáñaa da ligazón https://adega.helpbysc.com/xustizaulla. Lembra etiquetarnos!
- Imprime este cartaz e lévao a aqueles espazos (bares, tendas, centros sociais…) onde poida espallarse a mensaxe.
Espallemos “Xustiza para o Ulla”!!!

