A “Plataforma Ulloa Viva” e a “Plataforma veciñal mina Touro O Pino NON” precisan da túa/nosa axuda para conseguir o seguinte reto:

Este domingo, 9 de novembro, temos que conseguir formar unha cadea humana en defensa do río Ulla!

Ás 11:30 h un grupo sairá dende a Fervenza das Hortas e outro dende a Igrexa de San Ramón de Portodemouros.

Temos que estar no encoro de Portodemouros ás 12:30 horas para defender o Ulla da macrocelulosa de Altri e da mina de Touro-O Pino!

Vén, participa e fai que a túa voz conte!

Haberá servizo de autobús desde Lugo, a saída será ás 9.30h desde Maxisterio, con posibilidade de parada en Guntín, Palas, Monterroso, Agolada, e Vila de Cruces.

Reserva a túa praza escribindo a adegalugo@adega.gal ou chamando ao 613123111.

Comparte e difunde coas túas amizades!Xuntas e xuntos imos conseguilo!

O Ulla non se vende!

Ligazóns

Cando

Domingo, 9 de novembro de 2025

Hora

09:30 h

Pásao

WhatsApp
Telegram
Correo
Bluesky
Facebook