
A exposición “ADEGA, 50 anos coidando a terra”, que conmemora o seu medio século de traxectoria na defensa do medio ambiente galego, pode visitarse desde o mércores 16 ata o martes, 29 de novembro, na Praza do alcalde Ramón José Souto González en Fene.
Esta mostra foi realizada grazas ao apoio da Deputación provincial da Coruña e a colaboración de socias e simpatizantes que axudaron a configurala. A iniciativa enmárcase nunha xeira de actividades conmemorativas que ADEGA ten previsto desenvolver ata finais de ano por todo o territorio galego co obxectivo depoñer en valor a traxectoria da propia organización, mais sobre todo daqueles fitos e loitas ecoloxistas que marcaron o devir presente e futuro do noso poboe da nosa terra, así como favorecer o coñecemento e o activismo ambientalista entre as xeracións máis novas.
Non perdas de visitala!

