No marco da celebración do seu 50 aniversario, ADEGA organiza en Pontevedra unha xornada para relembrar as loitas históricas pola defensa da terra na comarca e para afondar nos desafíos ecoloxistas actuais. Será unha oportunidade para recoñecer o camiño percorrido e debater sobre os retos que aínda temos por diante.
A actividade comezará ás 18:30 h coa proxección do documental A terra por gañar, que repasa a historia de ADEGA e as principais mobilizacións sociais contra proxectos industriais e extractivistas ao longo das últimas décadas.
Ás 19:30 h celebrarase a mesa redonda, estruturada en dous bloques:
1) “A loita contra a celulosa, xerme de ADEGA en Pontevedra”, con
- Mar Santiago, primeira secretaria de ADEGA-Pontevedra
- Pilar Allegue, responsable de organización nacional da AN-PG
2) “O movemento na defensa ecolóxica de Pontevedra nos nosos días”, con
- Antón Masa, presidente da Asociación pola Defensa da Ría
- Gonzalo Sancho, presidente de Vaipolorío
Esta actividade está organizada por ADEGA no marco do seu 50 aniversario e conta coa colaboración do Concello de Pontevedra.

