ADEGA

Inicio / Multimedia / CernaTV /

CERNA TV

Rolda de Prensa | Os impactos de Altri sobre flora endémica en Palas

Os investigadores Santiago Ortiz, catedrático de Botánica da USC, e Miguel Serrano, profesor do Departamento de Botánica da USC, membros do Grupo de investigación "Análise e conservación da biodiversidade", xunto con Fins Eirexas, secretario técnico de ADEGA e Mónica Cea, membro da Plataforma "Ulloa Viva", comparecen en rolda de prensa para dar conta dos graves impactos do “Proxecto GAMA” á biodiversidade ameazada, e particularmente, aos endemismos botánicos en perigo crítico presentes na zona afectada en Palas de Rei.

Eventos Ver máis

Rolda de Prensa ADEGA e Plataforma Ulloa Viva | Os contaminantes de Altri

Rolda de prensa de ADEGA e a Plataforma Ulloa Viva canda ao experto en contaminación atmosférica, Ramón Varela, para debullar os resultados dun estudo comparativo sobre os contaminantes que emitiría ao aire o proxecto de Altri en relación con outras celulosas do Estado e de Europa. A análise conclúe que a factoría de ALTRI contaminará a atmosfera máis que todas as celulosas do Estado.

Impactos da planta de Altri na bacía do Ulla e na ría de Arousa: rolda de prensa ADEGA e PDRA

Rolda de prensa de Adega e PDRA en Carril, 3 de maio de 2024 sobre os impactos da factoría de Altri na bacía do Ulla e na Ría de Arousa.

Os impactos da macrocelulosa de Altri na Ulloa | Charla informativa en Santiso

Charla informativa sobre os impactos da macrocelulosa que proxecta a empresa portuguesa Altri en Palas de Rei. En colaboración coa Plataforma Ulloa Viva. href="https://www.youtube.com/hashtag/altrinon" target="">#AltriNON #FóraCelulosas #ecoloxismo #ADEGA

Conversas co Ecoloxismo Ver máis

Entrevista Modesto Ochoa │30 anos de activismo ambiental en Honduras

Modesto Ochoa é defensor da terra en Honduras. Neste ano 2023 visitou Galiza da man da Coordinadora Galega de ONG’s, no marco do proxecto Futuro en Común, para contar aquí as súas propias experiencias de loita e coñecer de primeira man os conflitos ambientais que se libran en Galiza. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) tivo o pracer de conversar con el nunha das súas últimas paradas antes de regresar a Honduras.

Entrevista Sandra Reyes │O activismo pola defensa da terra en Honduras

Sandra Reyes é defensora da terra en Honduras. Neste ano 2023 visitou Galiza da man da Coordinadora Galega de ONG’s, no marco do proxecto Futuro en Común, para contar aquí as súas propias experiencias de loita e coñecer de primeira man os conflitos ambientais que se libran en Galiza. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) tivo o pracer de conversar con ela nunha das súas últimas paradas antes de regresar a Honduras.

Entrevista Rafa Vilar │Aniversario do Prestige: 20 anos de impunidade

CernaTV presenta unha entrevista co voceiro da Plataforma Nunca Máis, Rafa Vilar, cando se fan 20 anos da catástrofe ambiental do Prestige. Repasamos aqueles momentos de maior tensión e a potente resposta social que se produciu fronte á inacción política.

Documental Ver máis

Proxecto Ríos con ASPANANE, DOWN LUGO E COGAMI

O 'Proxecto Ríos de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia) colaborou coa UNED Lugo para o desenvolvemento dunha actividade de educación ambiental na que participaron diversas asociacións de diversidade funcional como ASPANANE (Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro), DownLugo, COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade.). As 47 persoas participantes gozaron dunhas xornadas que favorecen a súa integración tanto na sociedade como na natureza, á vez que aprenden hábitos sustentables para conservar o medio. Durante a actividade analizaron a calidade da auga, o caudal, o estado de hábitat de ribeira así como a presenza de especies invasoras de fauna e flora, dando a importancia que merece á conservación dos ríos.

Desaparición da Medorra do Campelín, Navia de Suarna

ADEGA e Mariña Patrimonio alertan da posible desaparición da Medorra da Seara do Campelín en Navia de Suarna, unha mámoa catalogada pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural dende o ano 1992. #patrimonio #patrimoniocultural #arqueoloxía

En defensa do noso mar, solucións xa! Maniféstate!

Este vídeo creado polo colectivo audiovisual Lentes Diverxentes recolle unha manchea de motivos polos que cómpre volver saír á rúa este domingo 21 de xaneiro en Compostela, ante o desleixo das administracións na xestión da marea de pellets nas nosas costas. Contamos contigo!

Vídeo-Denuncia Ver máis

ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian o abandono e deterioro da Roda en Barreiros (Lugo).

ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian o grave abandono e deterioro do xacemento arqueolóxico da Roda en Barreiros ( Lugo). O xacemento arqueolóxico está abandonado e as súas estruturas gravemente deterioradas debido ao crecemento da vexetación e ao desprendemento de pedras. As asociacións reclaman unha acción inmediata do Ministerio de Transportes e da Consellería de Cultura, administracións responsables da súa conservación. O xacemento, que foi escavado durante a construción da Autovía do Cantábrico en 2006, na actualidade atópase totalmente abandonado, malia as reiteradas promesas de conservación. ADEGA e Mariña Patrimonio instan ás autoridades a cumprir a lexislación de protección do patrimonio e emprender accións urxentes para preservar a Roda, dada a súa importancia arqueolóxica tanto a nivel galego coma estatal.

Titoriais Ver máis

Protocolo de limpeza de praias ante a crise dos pellets plásticos

O educador ambiental de ADEGA, Paco Bañobre, explica o protocolo de actuación para a limpeza de lixo mariño nas praias galegas, e en concreto, dos pellets plásticos que están chegando ás nosas costas.

Roi Cuba, sobre o cambio climático e protección do medio ambiente nas xornadas do CES

O presidente de ADEGA, Roi Cuba Dorado, participou nas xornadas organizadas polo Consello Económico e Social de Galicia para abordar as vías para a protección de medio ambiente ante o cambio climático.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal