ADEGA

Ver máis

Novas

Ver máis

20/11/2018

Rexeitada no Parlamento a toma en consideración da ILP en defensa do bosque autóctono

Cos votos contrarios do PP (37), a abstención do PSOE (14) e o voto favorábel de EnMarea e BNG (20), este martes o Parlamento Galego rexeitou dar unha oportunidade aos nosos bosques fronte ao cambio climático, os lumes e os eucaliptos.

16/11/2018

O Foro do Camiño Primitivo insta á Xunta a reconducir a xestión das rutas xacobeas

No Día Internacional do Patrimonio Mundial, o Foro do Camiño, do que fai parte ADEGA, quere lembrar a realidade actual do Camiño Primitivo de Santiago como patrimonio ameazado e en risco de perder a súa condición de Patrimonio Mundial.

15/11/2018

Caso Barreiros: A xustiza sentaría un mal precedente para o urbanismo galego se non condena ao alcalde

Despois de 5 días de xuízo e de 11 anos de espera, quedaba visto para sentenza o xuízo penal por delito de prevaricación urbanística contra o Alcalde, Comisión de Goberno e Arquitecta Municipal do Concello de Barreiros.

09/11/2018

Mina de Touro: a empresa recoñece a grave contaminación provocada pola mina mais teima en reabrila

Perante as evidencias e datos oficiais que confirman a contaminación provocada pola mina e as graves eivas do proxecto sinaladas pola Xunta, a empresa recoñece a evidencia mais fuxe de calquera responsabilidade.


Que facemos

En colaboración

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal