Entrevista a María Amigo, educadora de ADEGA, sobre a fauna mariña
Un equipo de alumnado de 1º de ESO do IES Rosalía de Castro entrevista para a sección de Medio Ambiente do periódico escolar SCQ+2021
á bióloga e activista de ADEGA para falar sobre os perigos que ameazan a fauna mariña.
Como axudará a Galiza o Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica?
Na última semana para poder achegar doazóns ao micromecenado "Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica", ADEGA entrevista ao coordinador desta iniciativa, Ernesto
Díaz, para saber como este fondo común pode axudar a Galiza a enfrontarse aos macroproxectos eólicos que están en tramitación e poñen en risco a preservación dos valores ambientais, culturais e paisaxísticos do noso territorio. Máis información en: https://fdjcc.org/gl
Conversas co Ecoloxismo: Fernando Cobo Gradín
O director da Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (EHEC) fala do estado ecolóxico dos ríos galegos (min 00:40); a xestión da
auga fronte o cambio climático (07:43); a nova lei de pesca fluvial (18:20); a concepción cidadá dos ríos (25:00) e as actuais liñas de investigación da EHEC (33:10).
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal