ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Educación e Voluntariado ambiental / Novas /

Novas

Formulario de busca
12/07/2019

ADEGA terá un posto informativo en diferentes festivais da provincia durante este verán

O obxectivo da iniciativa é dar visibilidade á asociación e sumar apoios para afortalar o ecoloxismo galego

O "tour festivaleiro" de ADEGA-Lugo terá a súa primeira parada en Outeiro de Rei este sábado 13 de xullo

+info

29/06/2019

ADEGA, unha das entidades ambientalistas que participa no Proxecto ´Eu quero Carballo´

O Concello de Carballo bota a andar o proxecto “Eu quero Razo - Baldaio” que pretende crear hábitos de turismo consciente no litoral de Razo-Baldaio

+info

21/05/2019

Proxecto Ríos realizará esta semana 6 saídas formativas nos centros de ensino

O 15 de abril iniciouse a campaña de primavera do Proxecto Ríos, que se prolongará ata o 31 de maio.

As saídas formativas consisten en realizar roteiros polo río escollido desenvolvendo e explicando a un grupo de participantes do Proxecto Ríos a metodoloxía e partes do programa.

+info

17/05/2019

Decálogo de propostas de ADEGA por un Lugo máis sustentábel coa vista posta nas municipais do 26 de maio

A delegación luguesa da asociación ponse a disposición de todas as candidaturas para dialogar sobre cada unha das propostas

A delegación luguesa de ADEGA vén de dirixir a todas as forzas políticas que aspiran a gobernar a cidade da Muralla a partir do 26 de maio un decálogo de propostas ecoloxistas co obxectivo de introducir a a axenda ecoloxista no debate electoral.

+info

14/05/2019

ADEGA e a Xunta renovan o convenio de colaboración para o Proxecto Ríos

A presidenta de ADEGA e Coordinadora do proxecto, Virxinia Rodríguez Álvarez, asinou hoxe o convenio de colaboración que dota de orzamento ao Proxecto Ríos, coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Mª Vázquez Mourelle.

+info

17/03/2019

O Couto da Eirexiña, un proxecto de custodia do territorio de ADEGA Vigo

#CoutoDaEirexiña

O Couto da Eirexiña é un acordo de custodia do territorio entre ADEGA Vigo e a comunidade de montes de Rebordelo para a realización de actividades de voluntariado e educación ambiental en defensa do patrimonio natural da parroquia. Queres participar?

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal