Mesa Redonda: É hora de tocar a rebato polo territorio
ADEGA impulsa a mesa redonda "É hora de tocar a rebato polo territorio" na que interveñen: a presidenta da Fundación Eira da Xoana, Adela
Figueroa, quen dará unha visión dos proxectos industriais que se están a promover en todo o País; Emilio Carral, coautor do libro "O pequeno é grande. A agricultura familiar como alternativa. O caso galego" e Jessica Rey, da Asociación Salvemos a Comarca de Ordes, dentro da Rede Por un rural vivo, que falará da necesidade das organizacións veciñais contra proxectos abusivos.
#HoraDaNaturezaADEGA, CEIP Cabada Vázquez, da Estrada
O CEIP Cabada Vázquez da Estrada participa na #HoraDaNatureza de ADEGA e envíanos este fermoso vídeo. É hora de que o amor que os
nenos e nenas teñen pola Natureza se nos contaxie un pouco! Grazas, amig@s!
Palestra: Biodiversidade e Covid-19, unha oportunidade perdida?
O biólogo e naturalista Cosme Damián Romay Cousido analizará o impacto da COVID-19 na biodiversidade, e se a crise sanitaria influíu dalgún xeito na
concepción dunha correcta xestión da diversidade biolóxica. A súa palestra será emitida en directo por Youtube e na páxina web de ADEGA, desde as 18:30 horas, o vindeiro venres, 5 de xuño, Día do Medio Ambiente.
Mesa Redonda: É hora da biodiversidade, da enerxía renovable e da soberanía alimentaria
Intervirán: o secretario técnico de ADEGA, Fins Eirexas, quen abordará cales son os desafíos presentes e futuros no eido da conservación da biodiversidade; Jessica
Rey, da Asociación Salvemos a Comarca de Ordes, sobre o modelo de implantación da enerxía renovable en Galiza; e Sonia Paderne, de Amarelante, quen disertará sobre os cambios que son necesarios no ámbito da produción e do consumo de alimentos, na procura da soberanía alimentaria. Será o Día do Medio Ambiente, venres 5 de xuño, ás 20:15 horas.
Proxecto Touro: Dous anos e medio de loita
Acto informativo e coloquio. Balance do camiño percorrido ata a publicación da Declaración de Impacto Ambiental (DIA) negativa. Touro, 29 de febreiro de 2020. O 28 de xaneiro a Conselleira de Medio Ambiente anunciaba que a Declaración de impacto ambiental (DIA) sería negativa. A súa publicación era recollida no DOG do 7 de febreiro, marcando un fito moi importante nesta loita, un antes e un despois. Invitamos a facer balance con nós a Serafín González da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), a Xaquín Rubido da Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa (PDRA) e a Fins Eirexas da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA).
Entrega de Premios Osíxeno e Dioxina 2019
Debate público sobre o traslado da Estación de Buses de Lugo (II Parte)
Debate público sobre traslado Estación de autobuses de Lugo (I Parte)
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal