Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Móllate polos nosos ríos: VI limpeza simultánea
Domingo, 29. Setembro 2013, 10:00

 

imagen1.jpgO vindeiro domingo 29 de setembro volvemos a Mollarnos polos ríos. Calzamos as botas e pretendemos deixalos libres do lixo que segue a aparecer nas nosas ribeiras e ríos. Queremos uns ríos limpos, queremos poder disfrutar dos nosos sistemas fluviais e queremos concienciar á sociedade da necesidade de que estes estean ben conservados. Se a túa entidade, concello, centro de ensino, etc. está interesado en participar nesta nova actuación ponte en contacto con nós: 981 57 00 99 / 616 238 050 (Ramsés). Mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . Información na web: http://limpeza.proxectorios.org
Grazas á colaboración de 50 entidades o pasado ano, estimamos que se retiraron máis de 10 Tn. de lixo de orixe diverso e participaron un total de 521 voluntarias/os de 34 concellos en toda Galicia.
O máis importante é que ano tras ano conseguimos concienciar un pouco máis á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos de residuos como premisa para a conservación da súa saúde.
Este ano queremos volver a contar coa vosa axuda para levar a cabo a VI xornada de limpeza simultánea en ríos.
Como en anos anteriores, o Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar e tamén repartiremos as tradicionais camisetas para o voluntariado.

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA