"Training Day" de odonatos na Terra Cha |
|
|
Sábado, 27. Xullo 2013, 11:00
|
|
O sábado 27 de xullo ás 11:00 h realizarase o Training Day de Odonatos da Terra Chá, impartida por Anxos Romeo Barreiro e Martiño Cabana Otero (AGCT/UdC). Sairemos desde a Casa das Insuas, Rábade, e faremos unha visita a diversas zonas da Terra Chá con grande interese odonatolóxico (río Miño, lagoa do Rei, areeira de Riocaldo, etc).
Os Training Days son gratuítos pero non se cubre ningún gasto. É obrigatorio solicitar reserva de prazas debido a que hai prazas limitadas. Enviádenos un correo co voso nome e un teléfono móbil (necesario por seguridade e para quedar no punto de encontro).
Os desprazamentos levaranse a cabo en vehículos propios. Como a orixe de cada persoa é dun lugar diferente de Galicia é imposible o aluguer dun autobús. Indicádeme o lugar de orixe, se dispoñedes de vehículo propio e se este ten prazas libres para agrupar ós participantes no menor número posible de coches. Recordade que debemos minimizar o gasto de combustibles fósiles e a emisión de CO2 á atmosfera.
Para a comida recomendamos levar bocata ou similar para non gastar moito tempo. Non pararemos en ningún lugar para facer compra polo que a comida debe traerse de casa. Non vos esquezades da bebida.
Para calquera dúbida, podedes poñervos en contacto con nós en calquera momento.
Contacto: Martiño Cabana Otero
630-948293
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Asociación Galega de Custodia do Territorio
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
www.custodiadoterritorio.org www.casadasinsuas.org |
Volver
|