Voluntariado do Monte Pindo: o camiño das peixeiras |
|
|
Domingo, 4. Marzo 2012, 10:00
|
|
Voluntariado no Monte Pindo: Camiño das Peixeiras
Domingo 4 de marzo
A Asociación Monte Pindo Parque Natural abre o seu programa de accións de voluntariado para o ano 2012 recuperando este domingo -se o tempo o permite- o Camiño das Peixeiras e as súas tres variantes, que parte desde a ponte sobre o río Xallas e chega ata a aldea do Fieiro rodeando o Penafiel.
PROGRAMA
10:00h. Saída desde a estrada xeral AC-550 á altura da ponte sobre o río Xallas (entre o Pindo e o Ézaro).
Os e as asistentes deberán traer:
- Fouciño (ou outro enser para o desbroce) e luvas de protección.
- Mochila con cando menos xantar e bebida.
- Calzado cómodo e roupa acaída ás condicións meteorolóxicas do día.
Confirma a túa asistencia escribindo a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
ou chamando ao 651 376 769.
|
Localización : http://www.montepindo.org/ |
Volver
|