Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Día do apicultor e asemblea xeral de AGA
Sábado, 25. Febreiro 2012, 11:30
DÍA DO APICULTOR / ASEMBLEA XERAL DE AGA
Sábado, 25 de febreiro de 2012. Arzúa

O tema deste ano será: “INNOVACION NOS EQUIPOS E MATERIAIS PARA A MODERNA APICULTURA”. Contamos coa presenza da empresa portuguesa MACMEL, que traerá materiais e equipos innovadores, de Francia, Portugal e outros países europeos. Estes equipos estarán a venda dende as 10 da mañá ate as 6 da tarde, en Erica Mel.

PROGRAMA TÉCNICO

Ás 11.30 horas, Charla por Marcos Varela “O etiquetado do mel para a producción primaria, sen rexistro sanitario”

Ás 12.00 horas, Charla por Gonzalo Calvo “Programas a desenvolver no Plan Apícola 2012”
- Xornadas itinerantes: etiquetado sen rexistro sanitario.
- Programa de sanidade 012.
- Programa de abellas resistentes a varroa.
- Produtos apícolas innovadores.
- Programa “Pon unha colmea na túa horta”.
- Pesticidas e transxénicos e consecuencias para a apicultura.

Ás 12.30 horas, Asemblea ordinaria deAGA
Orde do día:
. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede.
. Relatorio de actividades do ano 2011.
. Aprobación de contas do ano 2011.
. Elección da nova Directiva de AGA *
. Programa de actividades e presuposto para o ano 2012.
. Rogos e preguntas

Ás 13.30 horas, Asemblea extraordinaria deAGA
Orde do día:
. Afiliación de AGA á Confederación en Defensa da Abella da Cornixa Cantábrica.
. Nomeamento de 2 representantes, de ser o caso.
Localización : http://www.apiculturagalega.org/

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA