Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
RoteirRíos 2012: conservación da biodiversidade fluvial
Sábado, 25. Febreiro 2012, 11:00
sapo_20.jpgComezamos co programa Roteirríos para este 2012. Este ano as saídas do Proxecto Ríos estarán adicadas a coñecer diversos programas e entidades adicadas ao estudo e conservación da biodiversidade que habita nos nosos cursos fluviais. O primeiro Roteirríos será o sábado 25 de febreiro. Realizaremos unha saída do SARGA, acrónimo do programa de Seguimento de Anfibios e Réptiles de Galicia.
Os anfibios e réptiles están sufrindo unha diminución das súas poboacións a escala global e as extincións locais son abundantes, aínda que moitas veces se descoñecen as causas destas. O programa SARGA consiste na recollida exhaustiva e prolongada de datos de campo para poder avaliar o estado xeral das poboacións de anfibios e réptiles, e a súa evolución no tempo. Este seguemento axuda ao coñecemento da dinámica poboacional para poder determinar as causas principais dos declives e plantexar medidas eficaces para protexer as especies ameazadas.

O proxecto pretende realizar un inventariado detallado de diferentes localidades susceptibles de recoller poboacións de anfibios e réptiles, para a partir da base de datos facer un seguimento das poboacións e poder detectar cambios nas mesmas, así como determinar, dunha maneira científica e fiable, se as variacións poboacionais son debidas á intervención humana.

Para coñecer este programa temos unha actividade guiada por Martiño Cabana (UDC - Coordinador do SARGA) pola contorna da Eira da Xoana (Ramil Alto Ulla).

O PROGRAMA da actividade é o seguinte:imagen1.png

11.00 Encontro na Eira da Xoana

11.15 Presentación do SARGA. Martiño Cabana (UDC)

12.00 Roteiro no que se realizarán mostraxes en diferentes hábitats (charcas, ríos, etc)

14.30 Parada para xantar (trae bocata)

16.00 Continuación do roteiro

19.00 Remate da actividade

 

É unha actividade gratuíta. Se queres participar ponte en contacto con nós:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ;

tlf: 981 57 00 99 ou 616 23 80 50

 

 

 

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA