Xornada de control e análise do río Follente |
|
|
Mércores, 12. Outubro 2011, 10:00
|
|
O vindeiro mércores, día 12 de outubro, a Asociación Cultural "XESÚS GONZÁLEZ ABOI", ten programada unha nova saída para analizar o estado do río Follente, dentro do programa de CUSTODIA FLUVIAL de ADEGA, no que a Asociación está traballando desde a súa creación coa vixiancia e control do río Follente.
Durante esta xornada, os participantes procederemos á recollida e análise de mostras, recoñecemento da fauna (vertebrados e invertebrados) e da flora, control do caudal... o que nos dará unha idea do estado de saúde no que se atopa o río Follente. |
Localización : http://xesusgonzalezaboi.blogspot.com/ |
Volver
|