Actividade da Eira da Xoana: Son d'Aldea |
|
|
Sábado, 3. Setembro 2011, 10:00
|
|
SÁBADO 3 DE SETEMBRO: SON D´ALDEA
Como todos os primeiros sábados de mes, teremos actividade na Eira da Xoana, pero nesta ocasión, trasladaremonos a Santiago de Albá, no Concello de Palas de Rei, para compartir unha actividade dinamizadora da cultura rural, a través da participación activa da cidadanía.
Con esta actividade, trátase de aproximarse ao pasado do rural galego e reflexionar sobre as vías de ruralidade no presente.
Haberá tamén espectáculo teatral, xantar con productos elaborados por xente que traballa no rural na actualide e romaría tradicional que pechará o evento. Ademais dunha mostra de artesanía alimentaria e oficios artesáns.
PROGRAMA:
10.00 h => Encontro na Eira para irmos todos xuntos a Santiago de Albá
10.30 h => Roteiro teatral : o monte, o lavadoiro, o forno, a lareira, a escola e o tundal
14.30 h => Xantar na aldea con María Castaña
16.30 h => Sega/Malla
19.00 h => Romaría/Concerto de Música Folk: Agrupación Musical Buxaina
Tríptico da Xornada
NOTAS:
- A INSCRIPCIÓN PARA PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES E NO XANTAR É OBRIGATORIA E DE PRAZAS LIMITADAS
- Para inscribirse : www.sondaldea.com no teléfono 982 380 251 ou n o correo
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|
Localización : http://eiradaxoana.blogaliza.org/ |
Volver
|