Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
2ª edición do Mercado Tradicional Ecolóxico en defensa da Terra de Quilmas
Sábado, 13. Agosto 2011, 08:00
mercadoquilmas2A Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa propón realizar 7 mercados ecolóxicos todos os anos. A referencia do 7 é pola importancia que tiveron sempre as estrelas coma indicadoras do paso do tempo e as estacións. Antigamente mirábase para o ceo e determinábanse as épocas de traballo no campo en función das constelacións que aparecían no firmamento. Hai dúas constelacións que fixan o comezo da primaveira e con isto, das segas, das colleitas, e das navegacións polo mar. Orión e Tauro coas Pléiades na punta (grupo de 7 estrelas, as 7 cabuxiñas) que estan visibles dende abril a outubro, durante 7 meses. Escolleron pois este periodo de fertilidade e de viaxe para realizaren tamén os mercados en Quilmas. Así que as datas do mercados non teñen perda, basta con ollar cara o ceo e seguir o ritmo das estrelas e da lúa chea.

O vindeiro mercado terá lugar o sábado día 13 de agosto (lúa cheia) e verase complementado cunha xornada de interese cultural con roteiros e actividades (charlas, debates, proxeccións e música) o 14 de agosto.

PROGRAMA

Sábado 13 de Agosto
Mercado ecolóxico tradicional de hortalizas, alimentación ecolóxica e artesanía de proximidade dende as 10:00h ata a tardiña, con parada para o xantar.
Nova degustación dos tomates e o mel de Carnota.
Música animosa durante todo o día.
Diferentes postos informativos de asociacións que defenden o territorio, promoven a biodiversidade e fomentan o consumo responsable.
Barra da Raínha Lupa con produtos biolóxicos e naturais.
Posibilidade de facer o xantar na feira, xa que haberá un pulpeiro e diversos postos con empanadas, pizzas, e outros produtos caseiros....
Domingo 14 de Agosto
POLA MAÑÁ. Roteiro reivindicativo "POLA DEFENSA DA TERRA" no que se fará un percorrido pola  COSTA DE QUILMAS, salientando tódolos valores medioambientais, etnográficos e históricos a conservar.
POLA TARDE. CINEFÓRUM-  "O mundo según Monsanto", documental que denuncia a influencia negativa sobre a saúde e sobre o medio ambiente dos alimentos transxénicos e herbicidas, así coma suscita á reflexión sobre o presente da agricultura e o futuro das sementes. O debate posterior será guiado por Fins Eirexas, Secretario Executivo de ADEGA.
Se estades interesad@s en participar, podedes contactar através do correio electronico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou polo telefone: 697 364 124, 981 760 227.

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA