Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Xornadas micolóxicas na Eira da Xoana
Sábado, 30. Outubro 2010, 11:00

O outono oferécenos múltiples posibilidades. É a estación dos froitos, da recolleita.. Acheguémonos a este interesante mundo dos cogumelos, aprendendo a diferencialos e apreciando os seus sabores.

Na Eira da Xoana, Ramil (Agolada)

PROGRAMA:

Sábado, 30 de outubro

11.00 h Recibimento dos participantes no centro ambiental

11.30 h Saída de recoleita ao “monte do biduedo”, onde poderemos apreciar a biodiversidade deste “espazo de custodia”. Acompañaranos o experto micólogo Alberto Granja

13.00 h Volta á Eira da Xoana: Clasificación, preparación e degustación dos cogumelos, cociñados de diferentes 3 maneiras. Haberá tamén empada e queixo da zona

17.00 h Visita ao Castelo de Pambre e a sua contorna

19.30 h Remate

NOTAS: O prezo da actividade (aportación solidaria) son 5 euros; socios/as de ADEGA: 3 euros

Se queredes participar, chamade ao tel. - 638475322 (Marcial, ADEGA Alto Ulla) antes do xoves 28-O.

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA