Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Último campo de voluntariado ambiental do ano no río Tea
Venres, 15. Outubro 2010, 09:00
Último campo de voluntariado ambiental no río Tea para a eliminación de especies exóticas invasoras.

Valoración de catro anos loitando contra as bioinvasións.

Nas actividades previstas para esta campaña de Outono do Proxecto Ríos, continuaremos co programa de Voluntariado en Ríos do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, que comezou hai tres anos. Este ano, dacordo cos datos recollidos no informe do campo, realizados entre 2007 e 2010, desenvolveremos traballos de eliminación de flora exótica invasora, ademais de roteiros polo río Tea. O voluntariado terá cubertos os gastos de desprazamento, aloxamento e manutención.

Os traballos consistirán na erradicación de diversas especies invasoras presentes en diferentes treitos do río Tea, as especies a erradicar son plántulas de dúas árbores (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon) coñecidas vulgarmente como mimosas, a falsa acacia (Robinia pseudoacacia) e pequenas matas do falso bambú (Phyllostachys spp.). Ademais se actuará nunha herbácea provinte de América (Conyza canadensis), a tintureira ou uva das américas (Phytolacca americana), o garrapatón (Bidens frondosa) e a Tradescantia fluminensis coñecida co nome de herba da fortuna.

Nas xornadas de traballo explicaranse de maneira práctica os pasos a seguir para que o voluntariado poida levar a cabo os traballos axeitadamente e desenvolver así o programa.

Neste último campo realizaremos ademais das actividades habituais unha valoración dos traballos realizados durante estes catro anos, así como un repaso en imaxes polas actividades máis destacadas.

Cos datos recollidos realizarase un Informe do Estado de Especies Invasoras do Río Tea, que se presentará ao Ministerio de Medio Ambiente Medio Rural e Marino, á Confederación Hidrográfica do Norte, Consellería de Medio Ambiente e outras entidades.

Para máis información:

Virginia Rodríguez ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo )
Coordenadora do Proxecto Ríos
Travesa dos Basquiños,9 baixo-
15704 Santiago de Compostela
Teléfonos:981 570 099 e 650 261 283
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA