Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
XII xornadas de formación de coordenadores/as do Proxecto Ríos
Sábado, 2. Outubro 2010, 10:00

XII xornadas de formación de coordenadores/as do Proxecto Ríos

O sábado día 2 de outubro terán lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, (Vilagarcía de Arousa). as XII Xornadas de formación de coordenadores/as do Proxecto Ríos.  Un dos obxectivos que nos marcamos dende a coordinación do proxecto é a renovación dos materiais de inspección, fundamentalmente do Manual de Inspección. Modificamos algúns aspectos da metodoloxía para adaptar os resultados ás necesidades da Directiva Marco da Auga. Queremos aproveitar as xornadas para presentavos estes cambios, e se non tedes os novos materiais farcervos entrega del.
Na sesión da maña, a temática central será o IHF (Indice que mide a calidade hidromorfolóxica dun río), indice que incorporamos no novo manual polo que creemos que é de interese o seu coñcemento e aplicación.
A sesión da tarde adicaremola como outros anos ao recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo, así como faremos uso dos novos reactivos de inspección baseados na utilización de pastillas (ph, nitratos e osíxeno disolto).


PROGRAMA DAS XII XORNADAS DE FORMACIÓN


11.00 - Chegada e entrega de material
11.30 - Presentacións dos novos materias de inspección, metodoloxía, novos reactivos, etc
12.00 - Indices Hidromorfolóxicos. O IHF. Rufino Vieira . EHEC
Nesta sesión intentaremos achegarnos ao río para ter unha sesión práctica
14.00 Xantar
15.30 Saída ao río e recoñecemento de macroinvertebrados
19.00 Clausura do curso

Dado que hai un número limitado de prazas é preciso inscribirse, tanto por teléfono: 981 570099/ 650 261283 como através do correo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ).

A inscrición é gratuíta, só tedes que levar a comida.

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA