Roteirríos 2010: fin de semana en Trevinca |
|
|
Sábado, 25. Setembro 2010, 10:00
|
|
ROTEIRRÍOS é un programa de itinerarios organizado polo Proxecto Ríos que pretende unir ríos e persoas, achegando os cursos fluviais á cidadanía nun ambiente lúdico así como dar a coñecer o seu patrimonio natural, cultural e social.
A temática escollida para os itineraios neste ano é o de ríos de montaña. O noso país acolle unha extensa rede fluvial de ríos e regatos de montaña moi ben conservados e cun gran valor ecolóxico.
Nesta edición realizarase un roteiro na fin de semana do 25-26 de setembro por Pena Trevinca.
PROGRAMA PROVISIONAL
Sábado 25 08:00 Saída de Compostela 11.00 Encontro no punto de información de A Veiga
12.00 Saída cara ao roteiro da Lagoa da serpe 17.00 Volta cara ao Albergue 21.00 Cea na Veiga 24.00 Paseo nocturno opcional
Domingo 26 09.00 Almorzo 10.00 Saída do roteiro do Río Xares 16.30 Volta a Casa
A quen vai dirixido?
Roteirríos vai dirixido a toda a cidadanía, tanto aos participantes do Proxecto Ríos como aquelas persoas interesadas en coñecer o noso patrimonio fluvial. Nos roteirríos poderán participar maiores de idade ou menores acompañados dalgún familar ou responsábel.
Prazas e Preinscripcións:
As prazas para os roteiros son limitadas, ao entendermos que un grupo reducido axudará a coñecernos mellor, facilitará o achegamento á zona e causará un menor impacto no espazo visitado.
O custo do roteiro é de 15€ e, a cea do sábado e o almorzo do domingo. (asumindo o Proxecto Ríos os gastos do aloxamento e guía da ruta). Correrá a cargo dos participantes o desplazamento ata a Veiga, e os xantares do sábado e domingo.
O aloxamento realizarse no refuxio de montaña Roxelio Pereira Muiños, polo que compre levar saco de durmir. Tamén recomendamos levar calzado cómodo e roupa de abrigo.
Se estás interesado/a en participar ponte en contacto coa coordinación do Proxecto Ríos.
Proxecto Ríos Travesa de Basquiños, 9 Baixo 15703 Santiago de Compostela
Ou ben por correo electrónico ou por teléfono:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
; tel.: 616 238050 / 981 570099
|
Volver
|