Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Terceira quenda do IV Campo de Voluntariado Ambiental no Tea
Venres, 11. Xuño 2010, 18:00
Neste ano 2010, en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e dentro do programa de Voluntariado en Ríos da citada entidade, continuaremos celebrando durante catro fins de semana de 2010 un campamento de voluntariado no río Tea. Neste campamento realizarase unha acción encamiñada a eliminar flora exótica e invasora. Para a realización desta actividade o voluntariado contará con material apropiado (traxes e botas de auga, material de inspección, guías de campo, etc) así como cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes colectivos. Durante os catro turnos de fin de semana, o voluntariado permanecerá no albergue Alentea, ubicado en Barciademera (O Covelo) en réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea). Para o desprazamento do voluntariado empregarase un autobús, posto pola coordenación do proxecto.
O campamento é gratuíto e hai un número limitado de prazas en cada turno. Se estás interesada/o en participar, xunta a preinscrición e envíaa a coordinación do Proxecto Ríos. Podes inscribirte nos catro turnos ou de xeito independente nalgún deles. Non dubidedes en contactar con nós para resolver calquera cuestión:
Proxecto Ríos Travesa de Basquiños, 9 Baixo, 15704 Santiago de Compostela Teléfone fixo/Fax: 981.57.00.99 / Teléfono móbil: 650 261 283 ou ao e-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
A continuación podedes descarregar a ficha de inscrición:
A PROGRAMACIÓN desta fin de semana do campamento será:

VENRES
11

mañá

tarde




18:00 h
Recepción (albergue)
19:00 h
Presentación do PR

19:30 h
Presentación e Formación do Programa do Tea
21:00
Cea
22:00
Tempo de lecer

SÁBADO

12

mañá
tarde
09:00
Almorzo
16:30-20:00
Traballos de campo
10:00-13:30
Traballos de campo
20:30
Regreso ao albergue
14:00
Xantar
21:00
Cea
15:00-16:30
Descanso
22:00
Roteiro nocturno

DOMINGO

13

mañá
tarde
10:00
Almorzo
16:30-18:00
Itinerario guiado
10:30-13:30
Posta en común e avaliación
18:30
Volta
14:00
Xantar



 

 

 

 

 

 

 

 

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA