Curso online de iniciación á apicultura da AGA |
|
|
Mércores, 1. Xuño 2011, 08:00
|
|
A Asociación Galega de Apicultura AGA ten previsto realizar un curso de Iniciación á Apicultura online durante o mes de xuño.
Trátase dun curso de iniciación no que se tratará todo o proceso, dende a obtención do mel ata ás formas de comercialización, pasando pola importancia das abellas no medio ambiente, dende unha concepción ecoloxista da apicultura como unha actividade relacionada co mantemento e protección da biodiversidade.
A modalidade é a distancia, para facilitar especialmente a participación de xente nova, que pode ter mais dificultades para desprazarse por falta de tempo e evitar tamén así os gastos de transporte. Pero consideramos que tamén a parte presencial e experiencial é importante, polo que está previsto, ademais da "Ruta das Abellas" que se realizará o último día do curso, realizar outras sesións prácticas según a dispoñibilidade dos participantes.
Máis información na páxina web da AGA www.apiculturagalega.org
A cuota de inscrición é de 40 €, mais para socios/as de ADEGA como entidade colaboradora é de balde. O prazo de inscrición remata o 31 de maio.
|
Volver
|