Xornada micolóxica na Eira da Xoana |
|
|
Sábado, 19. Novembro 2011, 11:00
|
|
SÁBADO 19 de NOVEMBRO: XORNADA MICOLÓXICA
Para coñecer os "Carapuchos dos Sapos".
Organizan:
- ADEGA
- Asociación "Amigos da Escola de Basadroa"
- Asociación Cultural o Galo de Compostela
PROGRAMA:
11.00 h => Encontro na Eira e pequena charla teórica sobre a actividade.
11.30 h => Saída polo camiño real até a Escola de Basadroa. Iremos apañando os cogumelos polas carballeiras do contorno deste histórico camiño que vimos de recuperar. O roteiro son 3.5 km aproximadamente.
13.00 h => Chegada á Escola onde nos xuntaremos cos veciños e socios que tamém aportarán os seus cogumelos para seren clasificados co asesoramento do especialista micólogo Alberte Granja.
14.00 h => Traslado á Eira onde prepararemos os nosos cogumelos. Podedes traer cogumelos apañados ou da tenda e cociñalos segundo a vosa receita. Cadaquén debe traer a súa comida para o xantar. Hai a posibilidade de degustar queixo da casa de Chus con marmelo e café. O prezo son 2 € soci@s e 3 € non soci@s.
Ó remate do xantar haberá unha visita pola contorna.
NOTAS:
1.- As persoas interesadas é preciso que se inscriban antes do día 18 de Novembro chamando a Marcial 638 47 53 22 ou a Pepe Salvadores 659 68 33 84 |
Localización : http://eiradaxoana.blogaliza.org/ |
Volver
|