VI xornadas de limpeza do río Furelos |
|
|
Sábado, 28. Agosto 2010, 09:00
|
|
As VI XORNADAS DE LIMPEZA DO RÍO FURELOS correspondentes a este ano 2010, levaranse a cabo o derradeiro sábado de agosto día 28, e os dous primeiros de setembro, días 4 e 11 como se ben facendo nos últimos anos por parte da Asociación de Troiteiros Río Furelos. A cita é na praia fluvial de Furelos.
A limpeza consistirá na retirada de todo tipo de lixo atopado na canle do río e nas súas marxes (plásticos, latas, rodas, arámes…), levarase a cabo de maneira manual e abranguerá o acotado do río Furelos dende a Ponte Romana (Furelos-Melide) ate a Ponte de Fraga (Souto-Toques), cun percorrido de 11.5 kilómetros. Tamén realizaremos a mesma limpeza nos principais afluentes do Furelos, pois somos conscientes de que as arterias son tan importantes como o Furelos e tamén queremos facer un esforzo extra para comprobar o seu estado e retirar todo o que podamos:
- Río Catasol dende a súa desembocadura ate os pasales de Zas de Rei, Melide,10 km. Aproximadamente.
- Río Martagona dende a súa desembocadura ate a estrada Toques-Melide 8 km.
- Río Vilamor dende a súa desembocadura ate a ponte de Vilamor Toques 5 km.
As VI Xornadas de Limpeza terán comenzo dende as 9:00 ate as 13:00h en xornada de maña e dende as 16:00 até as 20:00h polo serán, despois de facer un obrigado descanso para repoñer forzas cun xantar para os participantes na praia fluvial de Furelos, a cargo de a organización.
A actividade está autorizada pola Consellería de Medio Rural e supervisada pola Gardería de ríus para levantar acta e verificar que os traballos realizados cumpren sempre coa normativa e respectando o medio ambente.
Nesta ocasión tamén contamos coa colaboración de 40 casas comerciais de Melide, Concello de Melide e a Deputación da Coruña. |
Volver
|