II Mostra Intercultural Solidaria der Cambre |
|
|
Sábado, 18. Xuño 2011, 13:00 - 14:00
|
|
ADEGA Coruña presentará na comarca a súa campaña “Ponte no Medio. Móvete polo territorio” o próximo sábado día 18 de xuño ás 13.00 horas no centro sociocultural O Graxal, ubicado na rúa Rosalía de Castro (O Graxal, Cambre). Esta presentación terá lugar no marco da celebración da II Mostra Intercultural Solidaria de Cambre, que terá lugar ao longo do próximo fin de semana, e onde estarán presentes diversas entidades asociadas ao mundo da cooperación e a solidaridade.
Trala presentación, na que se dará lectura ao manifesto, abrirase un coloquio co público asistente no que se debatirá sobre o estado do territorio e as posibles actuacións a levar a cabo. Ademáis ADEGA ofrecerá información durante toda a fin de semana no seu posto en dita feira, que terá lugar no polideportivo do Graxal en horario de 11 a 14 e de 18 a 21 ambos días
|
Localización : Centro sociocultural O Graxal, ubicado na rúa Rosalía de Castro (O Graxal, Cambre) e no polideportivo do Graxal |
Volver
|