Mobilizacións da Alianza Social Galega por outra saída da crise |
|
|
Xoves, 20. Decembro 2012, 19:00
|
|
As máis de 60 entidades que conforman a Alianza Socia Galega facemos un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas para este xoves, día 20 de decembro, nas principais cidades e cabeceiras de comarca. Mobilizacións coas que se queren denunciar as políticas antisociais que está a adoptar o goberno do PP e entre as que salientaron a non revalorización das pensións, os recortes na sanidade e no ensino públicos e a contrarreforma ideolóxica que representan a LOMCE ou Lei de taxas xudiciais. Como parte das reivindicacións tamén estará a esixencia de reformar da normativa hipotecaria para pór fin ao drama dos desafiuzamentos e lograr a dación en pagamento.
DATAS E LUGARES DAS MOBILIZACIÓNS
- A Coruña: ás 19:30 h na Delegación do Goberno - Ferrol: ás 19:30 h no edificio da Xunta - Santiago de Compostela: ás 19:30 na praza de Galicia - Lugo: ás 20 h na Subdelegación do Goberno
- Vilalba: ás 20:30 h. diante da Casa da Cultura. - Monforte de lemos: ás 19:30 h na praza de España - Burela: ás 20 h na praza da Mariña - Ourense: ás 19:30 h na Subdelegación do Goberno - O Barco de Valdeorras: ás 20 h na praza do Concello - Pontevedra: ás 19:30 h na Subdelegación do Goberno - Vilagarcía de Arousa: ás 20 h na praza de Galicia - Vigo: ás 20 h diante do MARCO (rúa do Príncipe)
|
Volver
|