Curso "Dereito á alimentación e soberanía alimentar" |
|
|
Desde Luns, 7. Novembro 2011 - 16:00 Até Mércores, 9. Novembro 2011 - 21:00
|
|
Os vindeiros días 7, 8 e 9 de novembro a Coordenadora Galega de ONGD organiza un curso sobre o dereito á alimentación e soberanía alimentaria que contará coa participación de persoas expertas como Esther Vivas, Gustavo Duch e Carmen Freire, Plataforma Antitransxénicos e A Cova da Terra entre outras.
Esther Vivas activista altermundista, representante de Izquierda Anticapitalista, é membro do Centro de Estudos sobre movementos sociais da Universidade Pompeu Fabra e colaboradora da Universidade Autónoma de Barcelona. É autora de libros como Del Campo al Plato ou Resistencias Globales. De Seattle a la crisis de Wall Street, entre outros.
Gustavo Duch colaborador de movementos e campañas sobre Soberanía Alimentaria dos Pobos, é un dos fundadores de Veterinarios sen Fronteiras e autor de libros como Lo que hay que tragar ou Alimentos Bajo Sospecha. Colabora habitualmente en El Periódico de Catalunya, Público e El Correo Vasco.Carmen Freire, Secretaría Xeral do Sindicato Labrego Galego>>> (SLG). O SLG forma parte da Vía Campesina (Movemento a nivel mundial de labregos e labregas) e da Coordinadora Europea - Vía Campesina (CE-VC).
O curso é de balde, estará dividido en tres xornadas e contará tamén cunha mesa redonda. Levarase a cabo na Facultade de Ciencias Políticas da USC, en Santiago de Compostela, en horario de tarde.
Nesta ligazón atoparedes toda a información relativa ao programa, ás formadoras e ás inscricións. Esperamos contar coa vosa participación! |
Localización : http://galiciasolidaria.org/novas/formacion-cgongd--dereito-a-alimentacion-e-soberania-alimentaria.html |
Volver
|