![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
Incendios agochados pola censura e alimentados pola incompetencia |
![]() |
![]() |
![]() |
No incendio do día 8 de agosto en Lobios foron calcinadas perto de 200 ha. de bosque e monte baixo de altísimo valor ecolóxico, parte del integrante do espazo protexido do Parque Natural Baixa Limia–Serra do Xurés, recentemente declarada Reserva da Biosfera, e causando importantes danos en bens materiais e persoais das parroquias de Riocaldo e Lobios. Fronte ás 20 ha. de superficie que declarou a administración autonómica a última hora do domingo, o propio Presidente da Xunta falou de 60 ha. en comparecencia de prensa dous días despois. A realidade supera as mentiras dos nosos governantes xa que a superficie arrasada foi moito maior, falando o propio Ministerio de Medio Ambiente Rural e Mariño, tamén na mañá do martes 9, cando o incendio aínda non estaba totalmente extinguido, dun mínimo de 170 ha. Outro espazo protexido foi arrasado nos días 11 e 12 de agosto no territorio dos Canóns do Sil. Un dantesco incendio calcinou máis de 400 ha. (a Xunta só recoñece 200 ha.) Semella que a Xunta, ao facer medicións sobre plano, esquece que os terreos afectados da Ribeira Sacra teñen pendientes superiores ao 30%, en especial dentro dos Canóns do Sil. Esquecemento casual, incompetencia manifesta ou máis ben manipulación descarada? Esta catastrofe vén a engadirse ao holocausto que Iberdrola, coa connivencia da Xunta e o Ministerio de Medio Ambiente está a perpetrar no Sil. DÉFICIT NA PREVENCIÓN E SUPRESIÓN DO VOLUNTARIADO A veciñanza afectada de Lobios teno ben claro: a utilización de maquinaria pesada para abrir cortalumes debería ser tido feita no inverno e na primavera cando así llo requiriron aos responsábeis do Parque do Xurés, para que fixeran tarefas de desbroces de pistas e nos perímetros das aldeas. A resposta foi que non dispuñan de medios materiais e humanos polas medidas de recortes orzamentario e austeridade da Xunta. Síguese apostanto todo á extinción -iso sí, con menos medios, por aquelo da austeridade- confiando como na era Fraga nunha meteoroloxía propicia, e esquecendo a prevención. No que non parece ser tan austero Feijóo e na utilización da censura e a manipulación descarada dos datos: todo polo ben dos inconscientes hanbitantes do “medio rural”, ao millor estilo dos déspotas escasamente ilustrados. Por outra banda, a supresión dos grupos de Voluntariado en Defensa do Monte, importantísimo elemento de concienciación e disuasión, perpetrada polos actuais responsábeis de Medio Rural provoca unha sensación de impunidade e estende o desleixo da poboación cara o andazo dos lumes. Precisamente o Sr. Feijóo acaba de reclamar a colaboración e implicación da sociedade galega contra o lume: iso precisamente é no consistía o voluntariado que tan cedo encargouse de desmontar. Finalmente, dende ADEGA queremos expresar a nosa dor pola morte de Xulio e Rodrigo, e solidarizámonos coas súas familias. LUMES, NUNCA MÁIS !!! |