![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
Os roteiros de ADEGA-Lugo despídense este curso cunha visita ás Augas Santas de Allariz |
![]() |
![]() |
![]() |
O punto de saída do roteiro será o Centro de Interpretación Ambiental do Rexo. Neste lugar destaca a intervención na propia natureza do artista Ibarrola, así como tamén unha explotación de leite ovino para a produción de queixo. Despois de cruzar o Río Arnoia, e avanzar por fermosas paisaxes rurais, chegarase a Santa Mariña de Augas Santas. Xantarase preto das fontes do Martirio, aproveitando para comentar a lenda da Santa, así como coñecer outros elementos históricos e artísticos deste fermoso lugar. Remataremos cun roteiro etnográfico-arqueolóxico polo entorno do castro de Armeá, visitando a cripta da Igrexa da Ascensión, onde segundo a lenda se tentou queimar a bela Mariña; o Penedo da Moura e as ruínas do poboado galaico-romano da Atalaia. Rodeando o castro accederase ao xacemento arqueolóxico do Monte do Señoriño, no que destacan estruturas de época romana talladas na rocha. SAÍDA O autobús sairá de diante da Facultade de Formación do Profesorado ás 8.00 h. Faremos unha parada no lugar de Cambeo ás 9:45 horas para recoller ás persoas que veñan desde Compostela ou outros lugares próximos a este punto. Para poder participar é imprescindible anotarse chamando ao 679113718 ou ao 982240299. PREZOS Xeral............................................................................................ 15 €
Estudantes, xubilad@s e no paro……….....................................12€
Soci@s........................................................................................ 10 €
Ata Ata 17 anos........................................ .................................... 5 €
Leva roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s |