Móllate polos humidais 2012 |
|
|
Xoves, 2. Febreiro 2012, 09:00
|
|
O día 2 de febreiro comemórase a data na que se adoptou a c onvención sobre os humidais en 1971. O tratado dos humidais ou convención Ramsar, é un acordo intergobernamental que serve para a acción nacional e a cooperación internacional en pro da conservación e o uso racional dos humidais e os seus recursos. Os ecosistemas húmidos forman parte da nosa riqueza natural e grazas aos humidais todos os anos recibimos servizos por valor de millóns de euros (de xeito totalmente gratuíto). Os humidais contribúen á nosa saúde e benestar, controlando inundacións e repoñendo os nosos acuíferos. Estes ecosistemas estabilizan costas e protexen ás cidades e pobos contra as tormentas, reteñen e exportan sedimentos e nutrientes, depuran auga e son uns grandes reservorios de biodiversidade.
Os humidais tamén nos abastecen de moitos produtos dos que dependemos. Existen valores culturais ligados a estes ecosistemas, así como valores naturais que fomentan a recreación e o turismo.
Dende ADEGA queremos divulgar esta importancia dos humidais, e por segundo ano consecutivo organizamos unha xornada de voluntariado ambiental en dúas lagoas pertencentes a uns dos 5 humidais galegos incluídos na lista Ramsar. Baixo o mesmo lema do ano anterior: Móllate polos Humidais, mollarémonos polas lagoas de San Pedro de Muro e Xuño (concello de Porto do Son) pertencentes ao Complexo Húmido de Corrubedo (código LIC ES1110006).
En 2011 máis de 40 voluntarias e voluntarios participamos nunha xornada de eliminación de flora exótica invasora nesta área, e este ano queremos darlle seguemento aos labores de control e eliminación. Ademáis de seguir divulgando a problemática das especies invasoras e aumentar a concienciación cidadá, estas acción teñen por obxectivo acadar un mellor estado ecolóxico dun dos ecosistemas galegos percentes á rede natura 2000.
PRAZAS ESGOTADAS
PROGRAMA
09.00 Saída dende Compostela
10.00 Parada en Porto do Son
10.10 Chegada: presentación da actividade
10.30 Roteiro polas lagoas
12.00 Comezo dos traballos de eliminación
14.00 Xantar
15.30 Continuación dos traballos
17.00 Remate dos traballos e foto de grupo
17.30 Regreso
Máis información:
Ramsés Pérez (Coordenador de Programas de Educación Ambiental de ADEGA)
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
// Telf: 981 57 00 99 e móbil: 616 23 80 50
|
|
Volver
|