Adega
INICIO Quen somos
Quen somos
O xermolo de ADEGA nasceu na Coruña aló polo 1975, e dende entón a actividade dos socios e socias desta capital atlántica desenvolveuse até constituir unha das primeiras e máis numerosas delegacións de ADEGA. Se ben nos últimos tempos esta actividade viuse reducida pola falta de persoas con tempo para dedicarlle ás actividades, recentemente unha nova directiva foi constituída e o labor de ADEGA nesta comarca foi retomada con novos pulos.

Se queres participar conosco desta traxectoria ecoloxista, convidámoste a asistir ás nosas reunións ou a contactar connosco para colaborar nas medidas das túas posibilidades. Soemos reunirnos o primeiro e terceiro martes de cada mes a partir das 19:30 no local da agrupación cultural Alexandre Bóveda, na rúa Olmos 16-18 1º, moi preto do Obelisco.
Fóra dos días de reunión podes contactar connosco no noso correo electrónico: ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) ou seguir as nosas actividades e facer as túas aportacións a través do no noso Facebook.
 

logo-plataforma-burgo

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA