ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Celebra a Semana do Medio Ambiente con ADEGA!

01-06-2015

Celebra a Semana do Medio Ambiente con ADEGA!

O vindeiro 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente. Durante toda esta semana, ADEGA organiza unha manchea de actividades dende os ríos, ao tratamento dos residuos, pasando pola loita contra as invasoras ou a limpeza de praias. Apóntate!

IV Limpeza simultánea de praias (5, 6, 7 e 8 de xuño)

Un ano máis ADEGA organiza a IV Limpeza Simultánea de praias con motivo do Día dos Océsnos, dando continuidade ás limpezas realizadas en 2012 , 2013 e 2014 que sumaron centos de persoas neste día de reivindicación e voluntariado ambiental.

Por iso, convocamos de novo a todas as persoas e entidades interesadas a unirse neste evento que se celebrará os días 5, 6, e 7 de xuño coincidindo coa celebración do Día Mundial dos Océanos. Centros de ensino, escolas de surf, centros de mergullo, clubes de piragüismo, vela, pescadores, asociacións de todo tipo, concellos ou grupos de particulares están chamados a limpar as praias e denunciar esta problemática ambiental. Se queres participar contacta con ADEGA: lucia@adega.gal / tlfs: 981 570099 / 649 611 508

Voluntariado ambiental contra as especies invasoras (6 de xuño)

A xornada realizarase nas lagoas litorais de Xuño e Muro (Porto do Son) que forman parte do LIC Complexo Húmido de Corrubedo. ADEGA asinou en 2012 un acordo de custodia do territorio (custodia litoral) co concello de Porto do Son para a realización desta e outras actividades que axudarán á conservación e posta en valor dos seus espazos naturais costeiros.

A actuación enmárcase no proxecto “Rede de voluntariado ambiental para a eliminación de especies invasoras en ecosistemas acuáticos”, que conta co apoio do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Fundación Biodiversidad. Céntrase na eliminación de especies invasoras como a cana (Arundo donax) ou a herba da Pampa (Cortaderia selloana) entre outras.  

As prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse: lucia@adega.gal / tlfs: 981 570099 / 649 611 508

Feira de Primavera na Eira da Xoana (7 de xuño)

Outro ano máis, e van xa 7 edicións, tes unha cita na Eira da Xoana (Ramil, Agolada) coa festa, a cultura, a artesanía e os saberes populares na nosa Feira de Primavera.

Participarán diferentes agricultores/as e artesáns/ás con produtos moi variados:
iogures, queixos, marmeladas, hortalizas, verduras, plantas, produtos de hixiene e cosmética natural, artesanía variada… son só unha pequena mostra das cousas que poderás atopar na leira da Eira da Xoana este día dende as 11.30 ata 19.00 ou 20.00 horas

Haberá bebidas e xantar
por unha aportación solidaria: polbo, callos…Contaremos con animación musical e diferentes actividades das que en breve informaremos.

Se es produtor/a ou artesán/á e queres colocar o teu posto na feira, podes descargar información que quizais che interese nos seguintes enlaces:

Actividades dos programas de compostaxe

Durante toda esta semana e no marco dos diferentes programas e convenios de compostaxe caseira e comunitaria, desenvolveremos tamén as seguintes actividades:
- Seguemento do proxecto de compostaxe nos comedores universitarios da Universidade da Coruña.
- Primeira visita aos composteiros do programa de compostaxe caseira (100 vivendas) do concello de Compostela.
- Actividade de compostaxe no CEIP Gandara-Sofán de Carballo. Abriremos o composteiro para comprobar que o compost está feito e identificar os diferentes descomposñedores.

Actividades do Proxecto Ríos

Tamén, dentro das iniciativas formativas e de intervención do Proxecto Ríos para coñecer e millorar a calidade ambiental dos ríos galegos, desenvolveremos as seguintes actividades:
- Saída formativa co IES de Cacheiras (Teo) para coñecer o estado de saúde e a calidade ecolóxica dun treito do río.
- Saída formativa no río Támega co IES Castro de Baroncelli de Verín.
- Eliminación de flora exótica e invasora fluvial no rego de Louriñas, co centro de formación e experimentación agroforestal de Lourizán.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal