ADEGA

Inicio / Organización / Delegacións / Monterrei

Monterrei

  • Teléfono: 630292753

Persoa de contacto: Presidenta: Carmen Garcia

Non o dubides, contacta con nos!

ÚNETE!

En xaneiro de 2015, constituíuse esta delegación de ADEGA para atender á comarca de Monterrei, na que se inclúen os concellos de Castrelo, Cualedro, Laza, Oímbra, Riós, Vilardevós e Verín.

Traballamos pola contorna natural e paisaxística da nosa comarca e cos ríos, que teñen unha importancia estratéxica tanto para a biodiversidade do planeta como para a sociedade. Promovemos actos reivindicativos na comarca para lograr unha maior sensibilización e respeto polo medio ambiente.










Salvemos o Támega

A delegación nace cunha finalidade principal que é a de protexer a contorna do río Támega, e nace da vontade de varios membros da plataforma Salvemos o Támega, preocupada polas continuas verteduras e a contaminación que as obras do AVE están a provocar no río e na bacía enteira.

O Támega está cualificado como LIC (Lugar de Interese Comunitario) da Rede Natura 2000, en virtude do cal este río dispón dunha protección singular debido a súa diversidade biolóxica. O que non se corresponde coas continuas agresións que está sufrindo.

En abril de 2013 concedeuse a primeira autorización da Confederación Hidrográfica do Douro (CHD) as construtoras do AVE para verter 8.000 metros cúbicos de augas residuais a cunca do río Támega. E segundo fontes da CHD no seu ámbito existen ata 13 autorizacions en vigor ou en trámite para vertidos das obras do AVE os ríos.

En 2014 encargamos unhas analíticas de augas para avaliar o grao de contaminación por metais pesados e outros compostos dos sedimentos xerados polas obras do AVE augas arriba na bacía. Os resultados das análises de fondos deste río mostran unha grave deterioración da calidade ambiental deste espazo, o arsénico e o chumbo multiplican os niveis de contaminantes admitidos (NCA) pola lei. Denunciamos ante a CHD, a Consellería de Medio Ambiente e os Concellos afectados da comarca.

A Resolución da CHD foi iniciar expediente sancionador a UTE LAZA e UTE PORTOCAMBA, por incumprimento do condicionado da autorización de vertidos outorgada cunhas sancións de multas de 2.000 e 4.000 euros respectivamente.
 

Contra os xigantes pola comarca

Pero as obras do AVE non trouxeron só vertidos, en agosto de 2012 para abrir a liña en Cerdedelo (Laza) realizouse unha tala de 2.000 castiñeiros centenarios que supuxo a destrución dos último soutos de castaños no pobo.

Veciños e colectivos ecoloxistas denunciaron ante tódalas institucións competentes e reclamaron a paralización das obras que afectasen a castiñeiros, nogueiras, álamos, bidueiros e outras especies vitais para os canles dos ríos de montaña incluídos no LIC Río Támega, cuxo nacemento sitúase na zoa afectada polas obras. Ademais as pistas abertas están próximas o Castiñeiro de Cerdedelo, Árbore Senlleira catalogada.

O informe de impacto que foi aprobado prevé a ocupación de 190.000 metros cadrados, pero as escavadoras iniciaron os traballos con planos doutros 260.000 sen xustificación técnica. Por outro lado, Adif e o Ministerio do Medio Ambiente entenden que a tala de castiñeiros realizada foi legal e non afectou o Támega.


Que facemos...


Traballamos xuntos!


Realizamos xornadas ambientais (limpeza de ríos, cursos agricultura, compostaxe, etc) para crear conciencia e chegar cada día a máis veciñ@s da comarca, xuntos podemos lograr grandes cousas.


Adega Monterrei colabora e participa en diversas actividades con outras entidades con intereses comúns como GEOTA (Grupo de Estudos de Ordenamento do Território e Ambiente), presentes na "Caravana pelo Tâmega: de Chaves a Amarante" do proxecto Rios Livres.


Faite soci@!


Descargas

Audios

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal