Páx. 60
Nunca Máis (Crónica Alternativa)
Páx. 50-51
Artigo que reflexa a importancia das consecuencias económicas da contaminación do Prestige nas costas galegas.
Páx. 18
O ecoloxismo galego actuou coordinado para mellorar a loita contra a marea negra e a incompetencia das autoridades, en consonancia coa reacción solidaria da sociedade galega e de todo o voluntariado.
Páx. 19
A do " Prestige" é a segunda marea negra que se produce desde que a Federación Ecoloxista Galega(FEG) existe como organización entre 1990 e 1996 baixo o nome de Asamblea de Grupos Ecoloxistas e Naturalistas de Galiza(AGENG). Existen algúns paralelismos entre o accidente do "Aegean Sea" fronte á Torre de Hércules, en decembro de 1992, e a do "Prestige": o control insuficiente do tráfico marítimo de mercadorías perigosas, a ausencia de planificación e de medios para combater unha marea negra, os intentos patéticos das autoridades para minimar a gravidade das consecuencias,... Hai tamén algunhas diferencias. A debilidade da reacción social de entón e a impresionante e exemplar mobilización social de hoxe para impedir que sucesos semellantes se volvan a repetir con tanta facilidade e consecuencias dramáticas é a maior diferencia.
Páx. 20-23
O accidente do buque Prestige, cargado con fuel, ocasionou unha auténtica catástrofe ecolóxica nas costas galegas. Numerosos enclaves naturais, entre eles 20 Lugares de Interese Comunitario da proposta para a futura Rede Natura 2000, o Parque Nacional das Illas Atlánticas, e seis zonas húmidas do convenion internacional Rámsar no noso litoral, tamén Zonas especiais para a Protección de Aves (ZEPAS), foron afectados. Mais de 120.000 persoas están a ver-se directa ou indirectamente afectadas no seu meio de vida(a pesca, o marisqueo e as actividades relacionadas). Os recursos naturais da costa galega constituen o principal capital para un futuro desenvolvimento sustentábel de Galiza, polo que a súa protección foi obxecto de numerosas actuacións de ADEGA nos últimos anos, directamente ou en colaboración cun sinfín de entidades e plataformas locais. A resposta rápida para reducir no posíbel os danos causados pola marea negra foi considerada unha prioridade absoluta.
Páx. 24-27
Análise da catástrofe do sinistro do pretroleiro Prestige nas costas galegas facendo un repaso histórico de acontecementos semellantes e ver o comportamento e os efectos ocasionados para que se poidan entendelas tomas de decisións de afastar os petroleiros ou levalos a porto.