Cerna, revista galega de ecoloxía e medio ambiente de ADEGA, Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia. Democrática, independente e sen ánimo de lucro, traballa en defensa do medio ambiente galego e global do que depende a nosa calidade de vida dende hai máis de 25 anos. " />
CERNA Nº 46 - Especial: A pegada ecolóxica de Galiza
Páx. 8
ADEGA -Ourense, ven traballando desde o 2005 en prol da protección do río Támega en contra do proxecto de ampliación do polígono industrial de Pazos (Verín), que afectaría a un dos mellores bosques fluviais da comarca de Monterrei. Gozando esta área, para máis inri, da protección oficial outorgada pola Rede Natura 2000, denominada a zona coma LIC Río Támega.
CERNA Nº 46 - Especial: A pegada ecolóxica de Galiza
Páx. 21
O día 25 de Novembro de 2005 tivo lugar no concello de Ames o primeiro encontro de voluntariado do Proxecto Ríos, contando coa asistencia dunhas 50 voluntarias. Neste encontro, tivo lugar un marco de debate arredor da presenza de personalidades da vida política -tales coma Jorge Antonio Santiso, Secretario Xeral de Medio Ambiente ou Carlos Fernandez ex-concelleiro de medio ambiente- así coma outras vencelladas ao mundo académico -coma o profesor de Educación Ambiental da USC, Pablo Ángel Meira Cartea. Tras este encontro, o Proxecto Ríos continúa coa súa campaña de Primavera, entrando no seu segundo ano de andaina.
CERNA Nº 46 - Especial: A pegada ecolóxica de Galiza
Páx. 22-23
O pasado mes de Novembro a Consellería de Medio Ambiente, anunciou unha serie de medidas relacionadas cos aproveitamentos hidroeléctricos. Nestas medidas atopamos cuestións coma a derrogación do Plano Sectorial Hidroeléctrico, a suspensión - mentres non se revise ese Plano- de 46 minicentrais concedidas polo anterior goberno e a negociación coas empresas propietarias de aproveitamentos xa concedidos pero aínda sen iniciar as obras, para poder chegar a acordos puntuais con elas co fin de rescatar estas concesións.
CERNA Nº 47 - Especial: S.O.S abellas
Páx. 10-16
A Xornada en defensa dos ríos galegos celebrada o pasado 28 de Xaneiro en Santiago, organizada pola Comisión promotora da Iniciativa Lexislativa Popular en defensa dos ríos, serviu para expoñer publicamente a precaria situación das concas galegas desde diferentes perspectivas. Nela participaron representantes do eido político, científico, ecoloxista e cultural de Galiza que apoiaron abertamente o texto da ILP, debatido posteriormente no Parlamento Galego.
CERNA Nº 47 - Especial: S.O.S abellas
Páx. 16-18
O pasado 21 de Febreiro o Parlamento de Galiza aprobou a toma en consideración da Iniciativa Lexislativa Popular para a protección, conservación e mellora dos ríos galegos, avalada por perto de 40.000 asinantes das galegas. Obtivo 38 votos a favor dso grupos políticos que rexentan o goberno, PSOE E BNG, e 35 votos en contra dos deputados do PP.Despois de case un ano desde que se puxera en marcha a Iniciativa Lexislativa Popular en defensa dos Ríos pola Comisión promotora, formada por máis de 30 colectivos entre ecoloxistas, sindicatos, formacións políticas e empresariais, a ILP é aprobada polo Parlamento.
CERNA Nº 47 - Especial: S.O.S abellas
Páx. 33-35
A gran riqueza e beleza natural e paisaxística de Galiza resulta case que proverbial. Rías, montes, bosques, fontes, camiños, etc... constitúen o patrimonio natural do noso país. Mais se hai algún elemento destacado, eses son os ríos. O noso país é a terra "dos mil ríos". Nun espazo xeográfico dun marcado clima atlántico, oceánico, con precipitacións abondosas ao longo de todo o ano, e un substrato cristalino, non hai parroquia galega onde un río ou un simple regato non deixe a súa pegada na paisaxe.