Páx. 10
A empres OTI-CONSA de Pontevedra presento en febreiro de 1996 á Mancomunidade de Concello de O Morrazo o proxecto "Xestión Integral de Residuos Urbanos: Recollida Selectiva e Tratamento", que plantea como obxectivo a recollida e o tratamento ecolóxico dos RSU, dos lodos da depuradora, de parte dos residuos forestais, e dalgúns residuos procedentes de industrias alimentarias.
Páx. Dossier
Unha nova catástrofe ecolóxica tivo lugar na Coruña. O 10 de setembro, ás de 10 da mañá, os veciños do Portiñ, tras escoitaren un forte estoupido, apenas teñen tempo de ver como se desprende un enorme alude de 200.000 metros cúbicos de lixo que escorre polo monte abaixo e pola estrada cara ó mar. Un home, Joaquín Serantes López, que estaba a lavar o coche, desapareceu baixo da enxurrada. O aluvión de refugallo, de varios metros de altura, arrastra todo o que se atopa ó seu paso e deixa sepultado o barrio, o seu peirao e maila praia. O aspecto do lugar é dantesco. Este sinistro pon de actualidade a gravidade do problema do lixo e a necesidade de abordalo de forma racional.
Páx. 14-18
Análise do Plano da Xunta para a Xestión de RTPs. O Plano elaborado pola Consellería de Industria e Comercio para o periodo 1996-2000 intenta encadrar as últimas actuacións da Xunta no marco do novo Plano Nacional 1995-2000 sobre RTPs. Isto conseguese só de forma parcial e moi forzada, pois no esencial a liña da Xunta segue unha xestión clásica, baseada nos "tratamentos de fin de tubería", mentres que o último plano estatal incorporou en certa medida o enfoque da prevención.
Páx. 4
En xaneiro de 1997 constitúese a Comisión do Consello Galego do Medio Ambiente para valorar os aspectos ambientais do Plano de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos da Xunta, cuxa última versión fíxose no ano 92. Hai algunhas modificacións respecto a este último, aínda que o enfoque segue a ser o da incineración como única forma de transformación e/ou eliminación do lixo.
Páx. 5
Representantes da FEG, ADEGA e Luita Verde realizaron unha visita ao Morrazo e participaron nunha charla organizada polo Concello de Cangas.
Páx. 7-8
A Comisión Cidadana pola Xestión Ecolóxica do Lixo de A Coruña presentou unha proposta básica para a elaboración dun Plano de Xestión do Lixo que consta de 6 Subprogramas: de Motivación, de Investigación, de Recollida Selectiva, de Tratamento, de Vertedeiro Controlado e de seguimento e mellora do plano.Inclúe ademáis o artigo "A canteira de caliza da Serra da Lastra".