Revista CERNA

Artigos de Cultura e patrimonio. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

Elementos ecolóxicos na obra do "Irmán Daniel" (IV)

Emílio Xosé Insua

CERNA Nº 33 - -

Páx. 36-37

Cuarta entrega onde no "Libro Primeiro" do Sempre en Galiza encerra ainda moitas máis referencias de índole ecoloxista que as citadas na anterior entrega.Tres afiches para louvar as fontes básicas da riqueza galega: a árbore, a vaca e o peixe.

Elementos ecolóxicos na obra do "Irmán Daniel" (V)

Emílio Xosé Insua

CERNA Nº 34 - -

Páx. 35-37

Proseguimos a nosa incursión polos textos de Castelao á procura de elementos relacionados coa natureza ou que amosen unha sensibilidade ecoloxista "avant la lettre". Nesta penúltima entrega detemo-nos no "Libro Segundo" e "Libro Terceiro" do Sempre en Galiza.

Elementos ecolóxicos na obra do "Irmán Daniel" (VI)

Emílio Xosé Insua

CERNA Nº 35 - -

Páx. 27-28

Rematamos con esta entrega este percorrido en Cerna pola obra de Castelao á procura de elementos ecolóxicos. Detemo-nos desta volta nas páxinas de sete capítulos para un segundo tomo do Sempre en Galiza que ficou infelizmente interrompido pola própia morte do rianxeiro e máis nalgunhas presenzas naturais na sua peza teatral Os vellos non deben de namorarse.

En perigo o patrimonio natural e cultural de Ferrol

Antón Fortuna

CERNA Nº 43 - -

Páx. 12-13

Neste artigo analizamos como perante diversas actuacións sobre o territorio e decisións sobre a ordenación do mesmo, Ferrol e a súa área está á sufrir un deterioro no mantemento do seu patrimonio cultural e natural coa xeración de múltiples polígonos empresariais. Por unha banda a Consellaría de Pol´tiica Territorial, o Concello de Ferrol e a Autoridade Portuaria Ferrol - San Cibrao, asinaron un convenio para a creación dunha plataforma de apoio loxístico ao sector empresarial. Esta afectaría a 1.000.000 metros cadrados dos 4,9 que posúe o Monte Cha. Outro frente aberto, son a creación de áreas similares arredor da Fraga da Pena e o río Freixeiro.En defensa destas áreas, constituíuse o Comité de Defensa Natural e Patrimonio dos Montes de Brión e de Leixa, que rexeita firmemente os proxectos promovendo o amparo cultural e natural desta zona.

As pesqueiras do Miño

Alberte Reboreda

CERNA Nº 43 - -

Páx. 30-31

As pesqueiras ou pescos son un tipo de construcción presente nos grandes ríos de Galiza (Tambre, Ulla, Miño...). A empresa Unión Fenosa, concesionaria de moitos dos encoros construídos no noso país desde a ditadura, anegou boa parte dos pescos situados no Tambre coa construción do encoro Barrié de la Maza. Así mesmo, unha de cada tres pesqueiras do Miño desapareceron para sempre pola construción dos encoros de Frieira, Castrelo do Miño, Velle, Os Peares e Belesar. A construcción de tres novas presas no Baixo Miño traería consigo o asolagamento e destrución dun patrimonio natural e cultural dun valor excepcional. As pesqueiras, pezas clave deste patrimonio tamén se verían afectadas gravemente.

A cultura coma ficción política

Carlos Santiago

CERNA Nº 42 - -

Páx. 45-48

O autor analiza a situación actual do noso país, desde unha perspectiva da necesidade ecolóxica de cambio e movemento continúo, para sair da etapa fósil na que se atopa a nosa matria. Unha falsa democracia, un levantamento moi lento das revolucións sociais, a cultura do chamado minifundio mental, a transfiguración do xugo e das frechas no emblema máis actual do asfalto e do ladrillo, entre un longo etcétera que será analizado no artigo que segue.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal