Páx. 27
Estes días estamos á escoitar diferentes opinións acerca da planta de cría de rodaballo que Pescanova pensaba instalar en terreos da Rede Natura no Cabo Touriñán. Segundo confesan os veciños, vendéronlle as terras a 1 euro/metro cadrado (350.000 metros cadrados) coa esperanza de teren traballo na planta. As declaracións dunha das veciñas de Touriñán abraioume especialmente: "Nós nin sabiamos que isto era Rede Natura. O que nós queremos é que os nosos fillos non teñan que emigrar como fixeron tantos outros"
CERNA Nº 78 - ILP: Unha nova lei forestal
Páx. 26-28
“+ Modelo Pontevedra” ten como reto principal afondar no modelo de transformación urbana da cidade do Lérez centrada nas persoas, reforzando e adaptando o seu modelo non só ao centro urbano, senón tamén a espazos urbanos da periferia que rodea a cidade compacta, espazos nos que hoxe aínda existen déficits sociais, de calidade urbana, de sostibilidade e funcionais. Continuidade no tempo e no espazo para unha estratexia de configuración urbana que desde hai 15 anos converteu Pontevedra nun referente mundial de cidade amable e sostible.
CERNA Nº 78 - ILP: Unha nova lei forestal
Páx. 29-33
Existe un amplo consenso respecto de que a resposta institucional ao reto do cambio climático é fragmentada e insuficiente. Os gobernos deben coordinarse e tomar medidas efectivas que aseguren unha folla de ruta moito máis esixente da actual respecto do cambio climá tico. Pero, por outra banda, que acontece a nivel individual, está respondendo a poboación como debera a un dos maiores desafíos do noso tempo? En que medida contribuímos os e as cidadás ao cambio climático? O Proxecto GLAMURS achégase aos estilos de vida sostibles e tamén ás oportunidades e dificultades coas que se atopa a sociedade europea (incluída a galega) para apostar polo cambio cara a outra forma de vida, máis equitativa en oportunidades e recursos.
CERNA Nº 78 - ILP: Unha nova lei forestal
Páx. 34-37
Desde diversos ámbitos científicos e profesionais sinálase desde hai tempo a necesidade dun novo modelo de xestión turística, onde prime a sustentabilidade en todos os seus estadios (sociocultural, ecolóxico, económico). Esta preocupación estendeuse recentemente na sociedade. Este mesmo ano, xurdiron reaccións adversas ao turismo en diversos puntos de España polo seu carácter invasor, algo que se definiu polos medios de comunicación como ”turismofobia” (temor ou aversión ao turismo).
Páx. 2-4
Nestes derradeiros 20 anos a situación ecolóxica global do noso planeta non cesa de deteriorarse, non cesa de polarizarse, cun Norte todopoderoso e hiperdepredador da meirande parte dos recursos enerxéticos e materais, e os países sudesenvolvidos xeneradores de materias primas que nin sequer poden disfrutar os seus cidadáns.
Páx. 35
Se facemos un breve recorrido polos camiños empredrados de Allariz ou pola zona do Arnado dende o campo histórico de San Isidro ata a ponte románica de Vilanova, sácase a conclusión de que é un sitio agradable para estar. Isto non sería posible sen as necesarias e oportunas medidas tomadas polas persoas da Oficina Municipal de Medio Ambiente, sendo Xoaquín Rodríguez Ambrosio o principal responsable.