Cerna, revista galega de ecoloxía e medio ambiente de ADEGA, Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia. Democrática, independente e sen ánimo de lucro, traballa en defensa do medio ambiente galego e global do que depende a nosa calidade de vida dende hai máis de 25 anos. " />
CERNA Nº 44 - Ríos: non máis encoros
Páx. 28-30
Neste artigo analizamos a necesidade de poñer data de caducidade ás concesións franquistas sobre os bens e recursos , cedidos polo franquismo ao capital. Unha sentenza, anula a renovación de concesións a FENOSA no Ulla, tras moitas actividades de denuncia dos proxectos desta empresa sobre este río. Sumado a isto, as múltiples revoltas sociais, así coma un caso individual dunha persoa afectada polos encoros, que foi levado ao xulgado, deu pe á execución da sentenza. Argumentando no mesmo, aspectos coma o forte impacto ambiental das actividades ou o trato de favor excepcional que posúen Augas de Galiza cara a coporación Unión FENOSA. Analizamos o suceso.
CERNA Nº 44 - Ríos: non máis encoros
Páx. 31
Se alguén que non coñecese Galiza e lle dixesemos que é un País que ten mil ríos, esa mesma persoa preguntaríase cantos lugares haberá entorno a eses ríos, cantas pontes atravesarán eses ríos e cantas persoas dependerán directa ou indirectamente deses ríos. A campaña da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP), pretende chegar a todos eses recunchos e persoas.
CERNA Nº 44 - Ríos: non máis encoros
Páx. 32
Malia que son moitas as investigacións científicas que avalan a existencia dun gran número de organismos dentro das augas galegas, non estamos nin preto de garantir a súa supervivencia. Deste total, arredor so dun 30% atópase nunha situación fora de perigo., cando falamos de especies animais. Nas vexetais a situación é moi similar, véndose afectadas non so pola contaminación das augas, senón tamén polos cambios físicos do medio coas intromisións do ser humano. Ata vai pouco tempo, a situación pasaba desapercibida para a sociedade, malia co traballo que se está a facer arredor da ILP, observamos unha nova tendencia e actitude política.
CERNA Nº 44 - Ríos: non máis encoros
Páx. 33
Burla Negra naceu na peor catástrofe ambiental que ten sufrido o noso país. A conciencia ecolóxica forma parte da súa xénese e tamén da súa liña de traballo, que non é outra que traballar polo impulso dunha cultura libre, democrática e participativa. Se hai algo cutural de innegable valor para todas as galegas, é a beleza e riqueza do noso medio natural. Nesta ocasión analízase ata que punto o feito de sobreexplotar os nosos recursos fluviais, baixo a pegada do chamado "progreso" ten efectos na nosa comunidade.
CERNA Nº 44 - Ríos: non máis encoros
Páx. 34-35
No lugar de Liñares coñecen o lugar como a Freixa. Aquele lugar tiña uns accesos difíciles e abandonados. As visitas eran só de amantes da natureza e ao sumo algúns pescadores. A pesares do seu valor natural, paisaxístico ou de ocio, a presencia de persoas era case que nula. Nos últimos anos, a presión hidroeléctrica fixo reaccionar á poboación local, que se mobilizou para dar a coñecer os importantes valores naturais e paisaxísticos. Mais os proxectos seguen adiante: as tres centrais en funcionamento súmanse oito novas xa aprobadas e dúas en trámite.
CERNA Nº 45 - Entrevista e Manuel Vázquez conselleiro de Medio Ambiente
Páx. 24
Esta primavera ADEGA botou á andar o Proxecto Ríos, un programa de Educación Ambiental baseado na participación cidadá que fomenta o estudo e conservación dos ecosistemas fluviais. A participación concrétase na realización de inspeccións e seguemento de treitos de río escollidos polos/as voluntarios/as. A campaña de outono iniciarase o 15 de Setembro e reamatará o 1 de Novembro.