CERNA Nº 40 - Especies invasoras
Páx. 16-17
Os cambios inducidos polo capital máis devorador, deron lugar á conversión dunhas festas tradicionais imperadas pola austeridade á máxima expresión dunha sociedade opulenta, despilfarradora e pouco solidaria. Ao tempo, que se xeran unha gran cantidade de refugallos por mor do gran número de agasallos, paqueterías, abundancia alimenticia transformada en copiosos menús, etc. Neste senso, promovemos e procuramos formas de facerlle fronte ás festividades capitalizadas.
CERNA Nº 40 - Especies invasoras
Páx. 18-19
Optar por un consumo responsábel co medio ambiente choca coa dificultade de atopar produtos ecolóxicos, fabricados de xeito que impacten o mínimo posíbel sobre o medio natural. Desde ADEGA -Coruña, fixemos unha reportaxe das tendas existentes e produtos deste tipo ofertados, sempre dentro do ámbito xeográfico da nosa cidade.
CERNA Nº 41 - Especial: Urbanismo
Páx. 13
O pasado mes de Marzo, a Oficina Europea de Medio Ambiente (EEB), a Confederación Europe de Sindicatos (CES) e a Plataforma de Organización Non - Gobernamentais Europea (Plataforma Social) presentaron diante do Cumio de Primavera do Consello de Xefes de Estado e de Goberno da UE, o Manifesto conxunto "Investindo en desenvolvemento sustentábel". Estas tres entidades veñen colaborando, partindo da premisa de que un verdadeiro desenvolvemento sustentábel ten que ter presentes non so as consecuencias ambientais das propostas senón tamén as súas vertentes sociais e laborais.
CERNA Nº 45 - Entrevista e Manuel Vázquez conselleiro de Medio Ambiente
Páx. 29-31
A globalización e o seu modelo de produción e consumo teñen hoxe en día repercusións en case todos os ámbitos da vida ao longo de todo o planeta. O modelo de vida occidental, reflectido no consumismo, a presa... imponse tamén na alimentación, e non só na rúa polos coñecidos e tan criticados fast food, senón tamén nas nosas casas, na nosa mesa, á hora do xantar: alimentos tóxicos e transxénicos, comida en envases de usar e tirar, froitas fora da súa tempada, etc, etc.
CERNA Nº 45 - Entrevista e Manuel Vázquez conselleiro de Medio Ambiente
Páx. 14-17
O conxunto das políticas autonómcias non ten contribuído ate hoxe a frear o proceso de deterioración ambietnal e a aproximar o noso país ao obxectivo do desenvolvemento sustentábel. Os diferentes indicadores dispoñíbeis adoitan ser negativos e tenden a empeorar. Por outra banda, estamos á vivir un proceso de empoderamento e toma de conciencia por parte da poboación galega. Porén a Xunta de Galiza non ten estado á altura das demandas sociais. Analizamos unha serie de propostas na liña de mudar a política ambiental galega.
CERNA Nº 46 - Especial: A pegada ecolóxica de Galiza
Páx. 27-30
Entendemos por pegada ecolóxica " a área de territorio produtivo necesaria para obter os recursos empregados e para asimilar os residuos producidos por unha poboación definida, cun nivel de vida específico, onde queira que se atope esa área". Neste marco, analizamos a situación de Galiza en relación a outras áreas e países do globo, ao tempo que se fai fincapé nos elementos e compoñentes máis salientables á hora de afondar neste cálculo.