Revista CERNA

Artigos de Transporte e mobilidade. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

Cercanías ferroviarias en Galiza

Miguel Pazos Otón

CERNA Nº 40 - Especies invasoras

Páx. 23-25

O Golfo Ártabro e as Rías Baixas son dous principais focos concentradores da poboación galega na actualidade. No presente artigo xustifícase a viabilidade da creación de servizos de cercanías ferroviarias de RENFE, partindo dunha comparación con outras comunidades autónomas e do dinamismo socioeconómico que amosan ámbolos dous espazos, ademais da importante mobilidade que se rexistra en cada un deles.

RUTO: Solucións ao transporte no rural

Miguel Pazos Otón

CERNA Nº 41 - Especial: Urbanismo

Páx. 28-29

ARTS é un proxecto de investigación do Quinto Porgrama Marco da Unión Europea, que trata de poñer en funcionamento novas e innovadoras formas de transporte rural en áreas de baixas densidades de poboación. Unha das experiencias, coordenada en Galicia pola Xunta de e a Universidade de Santiago , desenvolveuse no pasado ano 2003 con éxito na montaña ourensá, integrando os servizos de transporte escolar e regular de viaxeiros.

A utilidade da bicicleta no transporte urbano e interurbano

Xan Duro

CERNA Nº 41 - Especial: Urbanismo

Páx. 30-33

Nos últimos anos estamos a asistir a unha explosión desmesurada da demanda de mobilidade que está a converter o transporte nunha das principais causas da crise ecolóxica global e nun dos problemas fundamentais da nosa sociedade. As consecuencias están á vista: efecto invernadoiro, contaminación acústica, atmosférica e do chan, perda de calidade de vida nas cidades, incremento da accidentalidade... Cómpre dar un xiro radical na forma de entender o transporte, aplicando criterios ecolóxicos e de sustentabilidade na súa xestión. Neste campo, a bicicleta ten demostrado a súa utilidade polo que é preciso recuperar o seu papel central na mobilidade.

Entrevista a Michael Meschik

Xan Duro

CERNA Nº 43 - -

Páx. 40-42

Michael Meschik é Doutor Enxeñeiro e Profesor da Universität für Bodenkultur (Universidade de Ciencias da Terra) de Viena, Austria, concretamente no Institute for Transport Studies (BOKU-ITS). O obxecto das súas investigacións é a mobilidade e a súa relación co planeamento territorial. Unha destas liñas de investigación é a análise da bicicleta como modo de transporte urbano. Recentemente impartiu unah conferencia en Santiago de Compostela, coorganizada por ADEGA e o Departamento de Xeografía da Facultade de Historia da Universidade de Santiago. Aproveitamos a ocasión para conversar con el.

Mobilidade sustentábel

Xan Duro

CERNA Nº 43 - -

Páx. 8

O pasado 23 de Outubro celebrouse a III Xornada "Por unha mobilidade sustentábel", organizada por ADEGA en colaboración coa Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago. Na Xornada tratáronse distintos aspectos da mobilidade actual e as posíbeis solucións dende unha óptica sustentábel.

Supermazás: Un modelo urbano para mellorar a vida nas cidades

BCNEcologia

CERNA Nº 78 - ILP: Unha nova lei forestal

Páx. 23-25

Desde os primeiros asentamentos humanos ata as actuais urbes, as cidades experimentaron unha infinidade de cambios que responderon ás necesidades propias de cada época. Así, por exemplo, se no Medievo as cidades debían estar amuralladas para protexerse dos ataques exteriores, no século XX deberon adaptarse a esa nova comodidade, que pronto nos venderon como necesidade, chamada “vehículo privado”. No século XXI, deben seguir as cidades consagradas ao coche ou é o momento de que os e as cidadás recuperen o espazo público que este lles arrebatou?

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal