Revista CERNA

Artigos de Educación ambiental. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

Educación ambiental na defensa da bacía alta do Río Miño

Gabriel Pereiro López

CERNA Nº 85 - Especial Vaga Eólica I

Páx. 31-34

A conca alta do Miño abrangue o transcurso do río dende o seu nacemento ata a súa confluencia co Sil. Cunha minuciosa observación de dito ecosistema pódese adquirir unha formación ambiental vital. Hoxe en día parte do leito e ribeira do Miño goza de especial protección; non obstante, son moitas as pequenas accións que se poden levar a cabo, tanto por parte da cidadanía a título individual, como por parte das administracións implicadas, para mellorar dita contorna natural e dar un salto cuantitativo na súa protección e defensa.

Eu quero Razo-Baldaio, un proxecto colaborativo

Manuel Pan

CERNA Nº 84 - Eólica mariña, unha alternativa?

Páx. 20

Como moitos de vós saberedes, o litoral do concello de Carballo é un espazo con varios niveis de protección, pero sobre todo é un entorno cun gran valor ambiental, con varios endemismos, unha praia fósil e unha lagoa cunha grande biodiversidade que ben merecen unha visita. Pero tamén é un espazo que sufriu e sofre unha importante presión urbanística e de afluencia de persoas, sobre todo na época estival.

Confinamento para a creación. Campaña #EuFicoNaCasaConADEGA

Lucía Anido e Verónica Torrijos

CERNA Nº 84 - Eólica mariña, unha alternativa?

Páx. 21-22

ADEGA impulsou durante o confinamento por COVID-19 a campaña #EuFicoNaCasaConADEGA, consciente da necesidade de moitas nais e pais, docentes e público xeral de ter recursos na rede para desenvolver actividades na casa coas crianzas, así como para facilitar a docencia telemática. Tratouse de unha campaña, aínda en funcionamento, que promoveu a achega da ecoloxía á vida cotiá. O resultado foron ducias de materiais dixitalizados e adaptados a formato audiovisual para facilitar a divulgación e facer máis entretida e agradábel a corentena.

A interpretación ambiental. Un xeito de facer as cousas

Santi Gallego

CERNA Nº 14 - -

Páx. 27-29

Faise un análise histórico da Interpretación Ambiental e sinálanse as súas principais características.

Educación ambiental: "A educación ambiental para o desenvolvemento sostido"

Ministerio de Educación de Cuba, traducción de M. Amor

CERNA Nº 18 - -

Páx. 15-19

A educación ambiental para o desenvolvemento viable: concepción, resultados, logros e perspectivas en Cuba. O texto fai unha análise profunda da relación entre o país e a educación ambiental, dende a historia da disciplina ata un listado das actividades a seguir recollidas no Plano de Acción e Estratexia Nacional de Educación Ambiental deseñado polo Ministerio de Educación.

Educación Ambiental: Estratéxia Galega de Educación Ambiental

Esther Rodríguez e Manuel Soto

CERNA Nº 28 - -

Páx. 16-17

A conselleria de Meio Ambiente está a elaborar diversas estratéxias relacionadas con temas ambientais (educación ambiental, biodiversidade, resíduos...). Esres documentos, sen valor normativo, teñen por finalidade fixar os obxectivos a acadar en cada eido e promover a participación e o compromiso dos diferentes axentes e sectores sociais implicados.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal