Páx. 22-24
Na Galiza, sempre conducida con atraso, a nova agricultura ecolóxica groma na década dos noventa. Inquietudes persoais de fill@s de labreg@s tradicionais, de xente de orixe urbana, e de persoas consumidoras relacionadas principalmente cos novos movimentos de vida sá, e tamén do ecoloxismo e dos dereitos sociais, conflúen nas primeiras parcelas de bioproducción e nas primeiras tendas de bioconsumo. A pesar da falta de apoio institucional, as perspectivas son favorables e o número de puntos de venda está en constante incremento, sobrepasando posiblemente os 30 ou 35 a fin de ano, e tamén aumenta a producción no país, que aínda non chega a cubrir a demanda existente.
Páx. 25
Artigo estadístico onde se reflexan os datos de da presenza da agricultura ecolóxica na Galiza.
Páx. 26-27
Os entrevistados achegannos tanto os datos técnicos como os aspectos humanos e sociais da posta en marcha dun proxecto de producción ecolóxica. Insisten todos en que debemos coñecer como se producen os alimentos que consumimos, e piden aos seus clientes que os visiten.
Páx. 28-29
Varios son os problemas cos que se enfrenta o mundo nestes momentos e un deles, tal vez o máis acuciante, é o problema da fame: perto de 800 millóns de persoas sofren desnutrición, e da orde de 2000 millóns están subalimentadas. Por outra parte, asistimos a unha mengua constante e acelerada da diversidade biolóxica, garante presente e futuro para a alimentación, a medicina, o vestido,... As diferencias entre pobres e ricos aumentan cada día e os capitais concéntranse en moi poucas mans mentras medra perigosamente o número de pobres. A contaminación acumulada durante anos de actividade industrial afecta a auga, ó solo, ó aire; e pon en perigo a saúde humana. As últimas crises (polos con dioxinas, "vacas tolas",...) aumentaron a preocupación pola seguridade alimentaria, mentres que continúa o éxodo do campo de milleiros de labregos e labregas, forzados polas novas políticas agroalimentarias. ¿Está nos xenes a solución? Evidentemente, non.
Páx. 13-15
A Política Agraria Común (PAC) adoeceu até hoxe en día dunha dobre miopía: co medio natural e coa calidade dos alimentos, derivadas da adopción dunha tecnoloxía enerxeticamente ineficiente, da aplicación masiva de agroquímicos, e da decisión de favorecer a cantidade fronte á calidade. A PAC reformada de 1992 segue a ser unha política de prezos e mercados. Por máis que trate de ser unha política da paisaxe, continúa lonxe de ser unha política con obxetivos ambientais claros. Segue a incentivar as tecnoloxías productivas intensivas para despois tratar de paliar os efectos da concentración territorial e a intensificación con medidas complementarias. Dentro das reformas en marchas, as medidas agroambientais fican relagadas ao voluntarismo.
Páx. 44-46
A chegada dun vertido tóxico á costa vai afectar a todos aqueles seres vivos que nela se achen. Isto é obvio, pero non todos eles se van ver agredidos das mesma forma ou coa mema intensidade, As algas son, en xeral, pouco sensibeís á contaminación por hidrocarburos, e recolonizan ás áreas nas que desaparecen con relativa facilidade. As comunidades de plantas vasculares máis afectadas pola marea negra son as propias dos cantís, especialmente as dominadas polo pirixil das praias (Crithimum maritimum) e a herba de namorar (Armeria pubigeria). Especies de interese especial que viven nas praias estanse a ver prexudicadas tanto pola marea negra como pola realización inadecuada de traballos de recolla de fuel e pola afluencia masiva e incontrolada de xente ás praias.