Revista CERNA

Artigos de Mar e litoral. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

O Proxecto Virada monitoriza cetáceos para reducir as súas capturas accidentais en Galicia

Jose A. Martínez, Iago Izquierdo e Alfredo López

CERNA Nº 83 - Electrointensivas con data de caducidade

Páx. 22-24

As augas galegas son un escenario no que se producen numerosos e diversos tipos de interaccións entre os cetáceos e a actividade pesqueira. Contamos cunha comunidade de cetáceos composta por máis de vinte especies, que comparte o seu hábitat cunha moi numerosa e variada flota pesqueira, á que pertencen o 85% dos barcos que faenan nas augas do caladoiro Cantábrico Noroeste. O Proxecto VIRADA, en activo desde 2019, aborda esta relación e busca reducir a mortalidade por captura accidental en artes de pesca da toniña e o arroaces.

O debate sobre a explotación dos recursos, o caso da sardiña

Xosé A. Fraga Vázquez

CERNA Nº 11 - -

Páx. 31-32

Artigo sobre os antecedentes históricos respecto ós coñecementos respecto á sardiña. Os coñecementos empíricos derivados das observacións das xentes do mar víanse afectados polas presións das industrias conserveiras. O resultado era unha elevada confusión sobre o ciclo vital da sardiña. O tenente de navío Fernández Florez defendeu a persistencia da veda polo ano 1885, facendo fincapé na necesidade de coñecer o ciclo vital desta especie.

ACTUALIDADE: O conflicto da praia da Lanzada

Luis Rei, Emilio Ínsua

CERNA Nº 17 - -

Páx. 3-4

É ben coñecida a importancia bio-xeolóxica do istmo da Lanzada e do complexo intermareal Umia-O Grove. Tamén é sabido que a praia da Lanzada constitúe un dos principais atractivos turísticos da comarca do Salnés. Xustamente por estos dous motivos é difícil manter o necesario equilibrio de intereses e resulta relativamente doado que prenda a faísca da discordia e o enfrentamento.

ACTUALIDADE: Cangas. Polémica pola recuperación do litoral

Luis Mª Pérez González

CERNA Nº 18 - -

Páx. 9-11

Analízase a problemática referida á degradación medioambiental da marxe oeste da ría de Aldán-Hío (Cangas), da que xa se ten coñecemento dende hai anos. Refírese a tensión entre as partes dependendo dos intereses, neste caso, os veciños que fixeron as súas construccións fóra da lei e os colectivos e administracións que tentan reparar o dano.Inclúese ademáis un artigo respecto ás axudas por parte da Xunta ás plantacións de eucalipto e outro pequeno apunte referido ós vertidos de cloro ós ríos procedentes das piscinas, neste caso a de Compostela e Monterroso.

Lei de Protección da auga das rías

Manuel Soto Castiñeiras

CERNA Nº 32 - -

Páx. 12-13

O pasado mes de Marzo celebrouse en Vilagarcía de Arousa o Foro Aberto para un Futuro Natural e Productivo das Rías Galegas, que reuniu a máis de trescentas persoas dos máis diversos sectores, desde as universidades ata os sectores productivos ligados ás rías. No foro analizouse o contido do proxecto da futura "Lei de protección da calidade das augas das rías e ordenación do servicio público de depuración de augas residuais urbanas".

A xestión integrada do litoral

Cristina Álvarez Baquerizo, IPAE

CERNA Nº 32 - -

Páx. 14

Neste artigo, a autora fai un breve resumo da importancia da Resolución sobre a xestión intregrada do litoral na UE, aprobada pola Comisión europea o pasado febreiro. Fai fincapé en que para xestionar o litoral dunha forma sustentábel hai que ter en conta todas as actividades, integralas nos instrumentos de xestión, os plans e programas.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal